Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os estudantes xa poden pre-inscribirse no Campus Terra a través de Paraestudarlugo.com
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os estudantes xa poden pre-inscribirse no Campus Terra a través de Paraestudarlugo.com

Redacción
Publicado: 19/06/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

para_estudar_lugo.jpgXa está aberto o prazo de preinscrición para que os futuros estudantes que queiran cursar estudos no Campus de Lugo poidan preparar o camiño da súa matrícula. E todo a través da plataforma posta en xogo para impulsar e visualizar perante a mocidade o potencial das facultades e os centros universitarios locais, www.paraestudarlugo.com. A web, que sigue a cobrar relevancia co remate do curso 2016-2017 e coa inminente preparación da vindeira tempada académica, compleméntase coas achegas informativas dos portais da USC e da Deputación. Segundo nos contan estas entidades, responsables de Paraestudarlugo.com, a idea é recordar en todos os recantos da Rede que o Campus Terra de Lugo é “un dos mellores de España” (tal e como o recoñeceu, explican, o U-Ranking, a máis recente enquisa sobre a calidade dos estudos de grao no Estado).
O Goberno da Deputación lembrou hoxe que ao abeiro desta iniciativa (esta iniciativa de pulo ao campus local) ofrece a primeiros estudantes bolsas coas que financiarlles a metade da matrícula de 10 titulacións. Os interesados teñen de prazo ata o 3 de xullo para preinscribirse e solicitar o desconto do 50% dos custos, que asume o Executivo provincial.
As 10 titulacións nas que o Goberno da Deputación ofrece becas para financiar o 50% dos custos da matrícula son as seguintes:
– Grao en Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais
– Grao en Enxeñaría Civil
– Grao en Enxeñaría en Xeomática e Topografía
– Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria
– Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural
– Grao en Lingua e Literatura Españolas
– Grao en Ciencias da Cultura e Difusión cultural
– Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos
– Grao en Xestión de Pequenas e Medianas Empresas
– Grao en Administración e Dirección de Empresas
A Deputación tamén recordou que o ano pasado máis de 250 estudantes víronse beneficiada/os das bolsas de estudo do Goberno da Deputación no Campus Terra. Asemade, grazas ás tres anteriores edicións da campaña Para estudar, Lugo, o campus pasou dun nivel de ocupación do 63% no 2013 ao 71% que ten na actualidade. “O número de estudantes nas 10 titulacións con descontos no custo da matrícula aumentou nun 9%”, engadiu a entidade provincial.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?