Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Thunders UVigo proclámase subcampión de España da League of Legend
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Thunders UVigo proclámase subcampión de España da League of Legend

Redacción
Publicado: 19/06/2017
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

uvigo_thunders_uvigo.jpgPara quen non saiba que son os eSports, dicirlle que son actividades de lecer dixital nas que entran en xogo (e nunca mellor dito) competicións de videoxogos, por unha banda, e internautas a título individual ou en grupos do mesmo xeito que se foran deportistas tradicionais, pola outra. Dito isto, cómpre sinalar que a nosa terra comeza dende hai tempo a despuntar neste ámbito deportivo-electrónico. Un exemplo é a traxectoria do equipo universitario vigués de eSports, os Thunders UVigo. Esta mesma fin de semana que vimos de deixar atrás, sen ir máis lonxe, o cadro proclamouse subcampión de España da League of Legends na final da liga universitaria de eSports (OGSeries University) celebrada no Polideportivo Antonio Magariños de Madrid.
Segundo lembraron os seus integrantes, malia ser debutantes na competición, dende o principio deron sinais claros de que podían chegar á final e acadar o primeiro posto, aínda que finalmente non puidera ser. Chegamos con moitas forzas tras vencer aos Stingrays de Valencia, pero tamén conscientes de que a batalla non ía ser doada”, explicou Javier Carrera Gravity, un dos integrantes do equipo, quen salientou que, “pese a todo, estamos moi satisfeitos, xa que foi unha experiencia fantástica”.
Agora, rematada liga universitaria, toca descansar ata a vindeira tempada. Porén, os integrantes de Thunders UVIgo seguirán en activo en varias competicións, aínda que a título indivisual.
Xunto a Gravity, estudante de Ciencias do Mar, o cadro vigués está integrado por Mario González, Yurner0s, que este curso remata Enfermería, o estudante de Enxeñaría Informática Pablo González Peiboll, o alumno de Enxeñaría de Telecomunicación, Iago Pallares Epsyle e Pablo Vilaboa Speiwalker, que cursa Enxeñería Mecánica. Segundo lembra Gravity, se ben o equipo ten as portas abertas a novas incorporacións “non xogamos tantos partidos como para precisar un número moi elevado de suplentes, de feito, non deberiamos ser máis de seis”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?