Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Expertos reunidos polo CCG coinciden en pedir unha nova pedagoxía na xestión e na protección dos datos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Expertos reunidos polo CCG coinciden en pedir unha nova pedagoxía na xestión e na protección dos datos

Redacción
Publicado: 20/06/2017
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

Ramón Villares e Víctor Freixanes na inauguración do encontro celebrado no CCG
Ramón Villares e Víctor Freixanes na inauguración do encontro celebrado no CCG
O Consello da Cultura Galega (CCG) está a acoller estes días unhas xornadas para debater acerca da relevancia dos contidos e da comunicación. Na primeira xeira do encontro A industria cultural galega no horizonte 2025 falouse, como é lóxico, das redes e servizos dixitais, os acubillos de información por excelencia do noso tempo (e, con máis razón, do tempo de mañá). Participaron na apertura o presidente do CCG, Ramón Villares, e o presidente da Real Academia galega, Víctor Freixanes. Segundo fixeron saber os relatores, cómpre intensificar os esforzos para educarnos e afrontar a xestión duns datos que cómpre salvagardar e respectar e que, ao mesmo tempo, prometen ser inxentes, incalculables. Tamén avogaron por “facer un gran pacto social a prol da cultura e reorganizar politicamente o sistema de medios”.
Logo da apertura, Enrique Bustamante abriu os relatorios explicando a batalla desenvolta durante quince anos para reivindicar a cultura como piar vital de desenvolvemento da sociedade. Na súa intervención sobre a cultura global e española perante a era dixital, avanzou que en 2025 o 90% da cultura será dixital. Sobre estes e outros retos, recordou que xa se perderon nestes tempos 80.000 postos de emprego (dun total de 500.000), e que houbo unha caída do gasto público en cultura e comunicación que cuantificou do 50% a nivel autonómico en 2016, Bustamente, que insistiu en reforzar a cooperación, lembrou que “o sector sufriu perdas graves no último lustro das que aínda non se recuperou”.
Pola súa banda, Miquel de Moragas, da Universitat Autònoma de Barcelona fixo reconto dos grandes fitos dos cambios neste sector e afirmou que “o que menos mudou neste tempo foron as necesidades humanas de comunicación”. Neste cambio avogou pola necesidade dunha nova pedagoxía da protección de datos e da xestións dos mesmos. O profesor Bernardo Díaz Nosty, pola súa banda, salientou a “necesidade da implicación política na reorganización do sistema de medios”.
Baixo o título A tormenta perfecta. A industria cultural galega no escenario do século, Víctor Freixanes, presidente da Real Academia Galega e coordinador da xornada (xunto con Xosé López e Berta García Orosa), falou das eivas desta “tormenta perfecta” no noso país como son unha escasa poboación para competir nun mercado económico, o problema da dispersión xeográfica (canda a desertización de aldeas), a falta dunha política pública estratéxica e a caída de recursos financeiros (perda das caixas, Banco Pastor….).
Pola tarde Manuel Bragado situará o contexto da edición, Xosé Ramón Pousa o dos medios de comunicación mentres que Margarita Ledo e Miguel Anxo Fernández explicarán a situación actual da creación audiovisual.
Os profesores universitarios Domingo Docampo e Berta García Orosa abrirán a segunda sesión da xornada con dous relatorios: o primeiro analizará os desafíos tecnolóxicos, mentres que a segunda exporá o traballo do grupo de estudos locais en comunicación (Localcom), que está formado polas universidades de Alacante, de Málaga, de Santiago de Compostela, de Euskadi, a Complutense e a Carlos III de Madrid baixo a coordinación da Universitat Autònoma de Barcelona.
Pola súa banda, a artista Cristina Pato falará do artista sostible do século XXI; a xornalista María Yáñez, de estratexias para novos públicos; a escritora Inma López Silva centrarase nas artes escénicas, e Agar Ledo, nas artes visuais. Pechan as xornadas Nieves Rodríguez Brisaboa, cunha conferencia sobre as industrias arredor da Rede, e Francisco Campos, con outra sobre a economía da cultura en Galicia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?