Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A nova edición do campionato D3Mobile impulsado polo Campus Terra convocou 1.476 estudantes
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A nova edición do campionato D3Mobile impulsado polo Campus Terra convocou 1.476 estudantes

Redacción
Publicado: 21/06/2017
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

170620d3mobile.jpgO campionato científico escolar D3Mobile, o o certame de modelado 3D de precisión con teléfono móbil promovido polo grupo de investigación Cigeo da Escola Politécnica Superior do Campus Terra da USC, vén de superar na súa edición de 2017 os niveis de participación da súa anterior entrega, ao contabilizar entre os distintos equipos participantes un total de 1.476 estudantes e 350 docentes pertencentes a 268 centros educativos de 44 países diferentes. Ademais, a organización (unha vez rematada a fase de competición) vén de abrir o prazo de votacións para determinar os modelos 3D máis valorados polo público, un proceso que ficará aberto en liña ata o vindeiro 15 de xullo na páxina web www.d3mobile.es.
Na páxina devandita, segundo informan os promotores da actividade, tamén se poden ver todos os modelos presentados, xeolocalizados nun mapa elaborado polo Instituto Xeográfico Nacional. As achegas tamén están accesibles na rede social 3D do campionato.
O grupo impulsor do certame D3Mobile 2017 tamén informou de que se van repartir premios entre os participantes agasallados por un importe global de 14.000 euros. Do mesmo xeito que nas edicións previas, haberá premios xerais (nos que os participantes modelan calquera obxecto), e premios específicos (nos que os participantes deben modelar en 3D un obxecto representativo/relacionado con algún tema/institución proposto pola organización).
Esta edición, como novidade, establece catro premios específicos para que aqueles participantes que elaborasen modelos 3D relacionados cos obxectivos estratéxicos da UNESCO para a Educación, Ciencia, Desenvolvemento social, Patrimonio, Cultura, Comunicación e a Información no mundo. Para concorrer a estes galardóns, os estudantes tiveron que ler os citados obxectivos estratéxicos, elixir un deles e seleccionar un obxecto representativo do mesmo, para escanealo a continuación en 3D co seu smartphone ou tableta.
Segundo informa a organización, tres equipos optan ao premio D3Mobile Difusión Científica USC-Ciencia na USC, un galardón específico creado este ano para difundir o labor científico que desenvolven os grupos de investigación da USC. Os tres equipos aspirantes buscaron información dalgún investigador/grupo/instituto da institución académica e seleccionaron un obxecto representativo do seu labor científico. Os modelos 3D realizados por estes participantes son: un neno feito por un equipo de Ferrol e relacionado co traballo de Mariano López García, do grupo de Cirurxía, Radioloxía e Ecografía Experimental Veterinaria; unha pota de barro, proposta por un equipo ecuatoriano, relacionada co Instituto de Cerámica que dirixe Francisco Guitián Rivera, e unha buguina de mar, feita polo equipo galego do investigador guardés Emilio Rolán Mosquera.
Completan o conxunto de distincións específicas o premio Fronteira (para difundir a relación entre España e Colombia-Latinoamérica no ámbito industrial, de investigación ou de colaboración sobre a paz), o premio Fundación Mulleres (para contribuír ao coñecemento por parte dos mozos españois do labor dunha científica/tecnóloga de éxito nos eidos da enxeñaría/arquitectura), ou o premio Fundación Comforp (para o equipo mellor clasificado pertencente a un centro estatal no que se imparta automoción).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?