Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Catro cooperativas galegas amosan este 28 de xuño as súas experiencias coas TIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Catro cooperativas galegas amosan este 28 de xuño as súas experiencias coas TIC

Redacción
Publicado: 21/06/2017
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

paco_e_lola_adega_presentacion.jpgAs novas tecnoloxías fornecen dunha manchea de vantaxes ás nosas empresas e entidades e para visualizalas ao detalle a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) organiza as sesións #UpdatePEME, cuxa vindeira cita, a do 28 de xuño, xirará arredor das cousas que poden facer as TIC polas cooperativas da nosa terra. A sesión, que será de balde, celebrarase na Cidade da Cultura e contará coa participación de Paco & Lola, Seragro, Nosa Enerxía e Bico de Xeado. Estas cooperativas compartirán a súa experiencia no uso de solucións tecnolóxicas. Trátase da segunda das xornadas previstas ao abeiro do programa #UpdatePEME.
A xornada, que comezará ás 19.00 horas, está destinada a fomentar o uso das novas tecnoloxías entre o sector da economía social, tanto no relativo á páxina web, redes sociais e venda a través de internet como na comunicación.
O programa desta sesión, organizada en colaboración coa Rede Eusumo impulsada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, inclúe un relatorio, a cargo da coñecida adega Paco&Lola, titulado Descubre as vantaxes da comercialización en liña.
A continuación, está prevista unha mesa de experiencias na que participarán as cooperativas Seragro, Nosa Enerxía e Bico de Xeado, que falarán das súas experiencias coas novas tecnoloxías. Por unha banda, Seragro falará sobre a consulta en liña dunha explotación de vacún dedicada á actividade leiteira; por outra, Nosa Enerxía explicará como chegar a novos socios a través das TIC; e, por último, Bico de Xeado desvelará como deseñar un plan de mercadotecnia para as redes sociais. A sesión rematará cunha rolda de preguntas e un debate sobre os temas tratados.
Para participar nesta actividade cómpre inscribirse na web do CDTIC ou a través da súa aplicación dispoñible para plataformas Android e iOS. A asistencia é de balde e aínda é posible anotarse para acudir, xa que as prazas, polo momento, non están cubertas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?