Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Vitae introdúcenos nas vantaxes da metodoloxía DISC para impulsar o talento dos nosos equipos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Vitae introdúcenos nas vantaxes da metodoloxía DISC para impulsar o talento dos nosos equipos

Redacción
Publicado: 21/06/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

disc_equipa_traballo.jpgA consultora galega Vitae vai impartir na Coruña un máis que interesante seminario para introducirnos no emprego profesional das avaliacións DISC. O Curso Certificación Experto en DISC e Analista Conductual DISC (formato PDF) axudaranos a “tirar proveito do sistema máis efectivo para comunicar, ensinar, liderar ou motivar”. Segundo explica Vitae, a metodoloxía DISC é un sistema de recursos moi acaído para o desenvolvemento e a valoración do talento humano da nosa empresa e, en última instancia, para levar a bo porto todo tipo de proxectos e operacións. O curso abrangue 16 horas de formación a impartir na Coruña (Hotel Attica 21) os días 3 e 4 de xullo.
A dita metodoloxía estuda catro factores de comportamento: como respondermos a desafíos e retos, como interrrelacionar cos demais e influír neles, como responder aos cambios e ao ritmo da contorna e como respondermos ás regras e procedementos.
A respecto de todo o devandito, Vitae explica que os estilos de comportamento que nos ensina o sistema DISC non son positivos ou negativos: “Temos certo nivel de cada un dos estilos na nosa personalidade, é cuestión de coñecernos e saber cal predomina máis no noso comportamento”. A metodoloxía DISC tamén nos ensina como ter a máxima información útil sobre este eido e como sacarlle proveito.
No curso de Vitae inclúese a opción de certificación experto e analista conductual en DISC polo organismo oficial internacional INTERDISC, que é unha organización sen arela de lucro que vela pola axeitada aplicación da metodoloxía a nivel mundial.
Vitae engade que esta actividade de formación está recomendada para todas aquelas persoas que desexan mellorar as súas habilidades en selección, avaliación, liderado e comunicación, amais de aplicar unha ferramenta efectiva de diagnóstico para profesionais de recursos humanos, adestradores, psicólogos, profesores, formadores, consultores ou comerciais, entre outros moitos perfís.
A profesional encargada de impartir os contidos será Ángeles Gris, experta en formación en metodoloxías DISC e ferramentas de diagnóstico. Ángeles é máster en adestramento no Instituto HUNE da Universidade de Alcalá e certificada como analista conductual DISC polo Instituto Internacional do DISC dende 2009.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?