Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Fundación TIC clausura o curso 2016-17 da Escola de Imaxe e Son
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Fundación TIC clausura o curso 2016-17 da Escola de Imaxe e Son

Redacción
Publicado: 22/06/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

fundacion_tic_clausura_escola_imaxe_e_son_2017.jpgHoxe clausurouse oficialmente en Lugo o curso 2016-2017 da Escola de Imaxe e Son. No acto participaron o presidente da Fundación TIC e da Deputación Provincial, Darío Campos, a alcaldesa, Lara Méndez, e máis un nutrido grupo de convidados entre os que se contaban representantes dos medios de comunicación e das empresas e entidades ligadas ao audiovisual e aos contidos dixitais na nosa terra. Campos e Méndez felicitaron aos 28 novos titulados da EIS e aos alumnos de primeiro de Produción e Realización encargados de organizar e gravar a gala de graduación, para logo mostrala ao mundo nas redes sociais. Logo dos parabéns e dos mellores desexos para os 28 novos titulados, o presidente da entidade explicou que a formación que se imparte na EIS é “froito da aposta que facemos desde o Goberno da Deputación polo ensino de calidade, a igualdade de oportunidades e a especialización adaptada ás demandas dun sector moi dinámico”.
O presidente puxo como exemplos deste modelo educativo tanto a organización da propia gala como os traballos que se presentaron durante o acto: dous videoclips, unha curtametraxe e un spot, elaborados polos alumnos de segundo. Ademais, respecto do vindeiro ano académico, engadiu que o curso que vén manterase a matrícula de balde. A intención, dixo, é que “todas as mozas e mozos da provincia con talento e vocación poidan acceder a EIS, con indepenencia da súa situación económica”.
Os alumnos de primeiro de Produción organizaron a gala de graduación como práctica dentro do módulo de Planificación de Proxectos de Espectáculos e Eventos. Inspirada no cine clásico, a velada contou con numerosas sorpresas e un photocall na entrada da Escola.
Tal e como dixemos, proxectáronse audiovisuais feitos polos novos titulados: os video-clips Méteo no cu de Mi Perro Vicent e Tú sin mí de Lucía Pérez, a curtametraxe Hermetismos e o spot dunha marca de leite. Amais destes e outros traballos, o alumnado realizou tres programas de televisión que poden verse nas redes sociais e a Semana de Teatro con 11 espectáculos representados, producidos e realizados por eles.
No acto tamén se fixo saber que a matrícula para o curso 2017- 2018 será de balde por décimo ano consecutivo. O prazo de preinscrición para as 40 prazas de primeiro dos ciclos Superiores de Realización e Produción remata este venres, 23 de xuño. A matrícula ordinaria poderá formalizarse do 4 ao 20 de xullo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?