Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Concello de Lugo achega oito obradoiros de balde ao abeiro de Tecno Verán
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Concello de Lugo achega oito obradoiros de balde ao abeiro de Tecno Verán

Redacción
Publicado: 22/06/2017
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

lugo_dsc_0358.jpgO Concello de Lugo presentou esta semana a súa oferta formativa tecnolóxica para estes meses de xullo e agosto, o programa de actividades Tecno Verán. Trátase, segundo fixo saber a concelleira de Concello e Cidadanía, Rosana Rielo, dunha serie de obradoiros interxeracionais previstos para seren desenvolvidos nas aulas CEMIT (Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica), situadas nos centros de convivencia María Balteira e O Castiñeiro. Ofrecerá 120 prazas en oito cursos gratuítos sobre novas tecnoloxías, dirixidos a todas as idades. Os obradoiros levaranse a cabo de luns a venres, cun máximo de 15 prazas.
Na aula de María Balteira terán lugar os seguintes:
· Iniciación á Informática para nenas e nenos, con idades comprendidas entre os 8 e os 14 anos, en horario de 10:00 a 13:00 horas, en datas do o 3 ao 14 de xullo.
· Edición de Fotografía e Vídeo para nenas e nenos, de 8 a 14 anos. De 10:00 a 13:00 horas, dende o 17 de xullo ao 1 de agosto.
· Iniciación Openoffice, dende os 14 anos en diante, horario de 10:00 a 13:00 horas, dende o 7 ao 22 de agosto.
· Aprende a Usar a túa Tableta, a partir dos 14 anos, de 10:00 a 12:00 horas, dende o 28 de agosto ata o 1 de setembro (é preciso, para participarmos neste obradoiro, dispor dunha tableta).
Na aula do Castiñeiro impartiranse as seguintes actividades:
· Iniciación á Informática para nenas e nenos (nivel 0). En horario de 10:00 a 13:00 horas, dende o 3 ao 14 de xullo.
· Edición de Fotografía e Vídeo para nenas e nenos, de 10:00 a 13:00 horas, dende o 17 de xullo ao 1 de agosto.
· Iniciación Openoffice, a partir do 14 anos, de 10:00 a 13:00 horas, dende o 7 ao 22 de agosto.
· Aprende a Usar a túa Tableta, a partir do 14 anos, de 10:00 a 12:00 horas, dende o 28 de agosto ata o 1 de setembro (preciso, para participarmos neste obradoiro, dispor dunha tableta).
O máximo de alumnos será de 15, establecéndose en 8 o mínimo para celebrarse cada un dos obradoiros.
As persoas interesadas poden formalizar a inscrición no Edificio de Novas Tecnoloxías do casco vello lucense, ata as 20:00 horas do xoves da semana anterior á celebración do obradoiro finalmente elixido. Segundo informa o Concello, cada persoa só se poderá inscribir en dous cursos e só no caso en que fiquen prazas baleiras poderase admitir a inscrición en máis de dous obradoiros. O acceso ás actividades formativas será por sorteo, a celebrar ás 11:00 horas do día seguinte ao peche da inscrición. A lista de admitidos poderase consultar na páxina web do Concello www.lugo.gal, no centro de referencia ou no teléfono de información municipal 010.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?