Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: R engade os polígonos de Santa Comba e Rianxo á listaxe de complexos galegos con redes ultrarrápidas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

R engade os polígonos de Santa Comba e Rianxo á listaxe de complexos galegos con redes ultrarrápidas

Redacción
Publicado: 22/06/2017
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

O Polígono de Rianxo nunha vista aérea coa Autovía do Barbanza ao fondo
O Polígono de Rianxo nunha vista aérea coa Autovía do Barbanza ao fondo
A operadora R vén de incorporar dous novos parques empresariais á súa listaxe de complexos da nosa terra equipados xa coas súas redes ultrarrápidas de conexión (26 a día de hoxe), redes de última xeración que, segundo lembra a compañía de raizame galega, permitirán ás empresas acadar “megavelocidades” de 350 Mpbs. Os dous novos parques acabados de incorporar son os de Santa Comba e o de Rianxo. Este labor estase levando a cabo ao abeiro do Plan de Banda Larga Xunta que impulsa AMTEGA. Segundo lembran R e máis a axencia que dirixe Mar Pereira, os novos equipamentos van facer posible que as empresas tiren o máximo proveito de diversos servizos tecnolóxicos de valor engadido. Por exemplo as ferramentas na nube, a videoconferencia ou a análise de Big Data.
Como dixemos, amais destes polígonos, a peche do ano pasado ficaron tamén conectados a estas redes ultrarrápidas outros 6 parques empresariais da provincia da Coruña e prevese que ao remate de 2017 sexan un total de 19 os recintos preparados para recibir os servizos de última xeración do operador galego. Proseguindo co plan, outros 7 polígonos coruñeses conectaranse á rede de R en 2018.
Unha das principais vantaxes postas en xogo por estas actuacións reside en que as empresas destas superficies empresariais poden contratar servizos de Internet por fibra óptica con velocidades de ata 350 Mbps de baixada e 35 de suba e cunha garantía de caudal do 80% sen límite de descargas. En palabras de R, “os accesos ultrarrápidos á rede representan un paso substancial para as empresas galegas á hora de competir en mercados de dentro e fóra de Galicia”.
bandalarga.jpgAo devandito cómpre engadir o seguinte: a compañía galega, integrada no Grupo Euskaltel, está a poñer a disposición das empresas dos polígonos a tecnoloxía necesaria para que “poidan acometer a súa transformación dixital”. Ou sexa, servizos e solucións na nube como por exemplo a videoconferencia, o acceso á Internet das Cousas (IoT) ou os procedementos do que se coñece como Industria 4.0, vencellados a conceptos e metodoloxías como a eficiencia enerxética, o control de intrusións nas edificacións, os servidores virtuais e a analítica de datos (Big Data), entre outros eidos. “Todas estas cousas e outras moitas máis”, explicou a compañía de raizame galega, “son posibles grazas ás vantaxes das redes FTTH (Fiber To The Home) que levan a fibra óptica ata a propia empresa nestes polígonos xa conectados ás redes ultrarrápidas de R”.
Como lembraremos, o operador galego R é o adxudicatario da primeira actuación do Plan de Banda Larga 2020 da Xunta de Galicia, impulsado pola AMTEGA para dotar de acceso á Internet ultrarrápida a 81 polígonos da Comunidade que a día de hoxe non dispoñen destes servizos. Arestora, 26 deses 81 recintos empresariais das catro provincias galegas incluídos no Plan están conectados á rede de R e, segundo as previsións, outros 21 farano ao longo de 2017 e 34 máis en 2018.
“Deste xeito”, explican R e AMTEGA, “en dous anos un total de 130 polígonos, nos que se concentra case o 93% da superficie empresarial ocupada en Galicia, disporán de acceso a redes de máis de 100 Mbps”. O resto cubriranse nas seguintes actuacións programadas no Plan.
Estes despregues supoñen un investimento total de 5,2 millóns de euros, dos que 3,4 son subvencionados pola AMTEGA e cofinanciados ao 75% polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do Plan de Desenvolvemento Rural de Galicia 2014-2020 (PDR).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?