Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O alumnado do programa de doutoramento Doc_TIC expuxo as súas teses na UVigo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O alumnado do programa de doutoramento Doc_TIC expuxo as súas teses na UVigo

Redacción
Publicado: 23/06/2017
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

uvigo_doc_tic_teses.jpgOnte o salón de graos da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación de Vigo inauguraba unhas xornadas nas que o estudantado de doutoramento amosa o progreso dos seus traballos perante as compañeiras e compañeiros e diante dun comité externo que se encarga de avalialos. As ditas xornadas, que pechan as súas portas hoxe, están promovidas polo programa de doutoramento en Tecnoloxía da Información e as Comunicacións, Doc_TIC, pola escola de Enxeñaría de Telecomunicación e AtlantTIC. A dita iniciativa, pioneira na Universidade de Vigo, corre a cargo da catedrática Carmen García Mateo e cumpre este ano a súa cuarta edición.
A este encontro acude un 50% de alumnado estranxeiro, procedente de países de América do Sur e Portugal, amais de estudantando do Norte de África e os Balcáns. “O perfil maioritario de ingreso é TIC e no caso concreto do alumnado español a súa procedencia é Enxeñaría de Telecomunicación”, explica García Mateo. A amplitude temática, é para a súa responsable, a principal fortaleza do programa “que serve de paraugas para todos os grupos de investigación de AtlantTIC”.
Cómpre engadir que os corredores anexos da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación acollen tamén os pósters dos traballos presentados polo alumnado do programa Doc_TIC. O director da Escola, Íñigo Cuiñas e Carmen García Mateo, foron os encargados de dar a benvida ao alumando, que comezaba deseguida coas presentacións exprés (45 presenciais e 24 por Skype), apoiadas nunha diapositiva dos seus traballos académicos. Asemade, este formato repetirase hoxe, pois os catro comités avaliadores irán realizando ao longo do día o seu traballo, segundo se vaian desenvolvendo as case 70 exposicións dos estudantes, que coñecerán as notas definitivas a mediados do mes de xullo.
Alén disto, as sesións ampliaranse con dous relatorios a cargo de investigadores de centros estranxeiros de investigación coa vontade de internacionalizar o programa, trátase de: Rafael F.S. Caldeirinha (Instituto Politécnico de Leiría), quen ofreceu onte a primeira das conferencias e Patrice Bellot (Universidade of Aix-Marseille-CNRS), que intervirá hoxe.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?