Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A investigadora galega Silvia García Méndez, premio Vodafone Connectig for Good
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A investigadora galega Silvia García Méndez, premio Vodafone Connectig for Good

Redacción
Publicado: 26/06/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

silvia_garcia_mendez_g3.jpgVodafone segue a premiar a innovación social. Ou sexa, o desenvolvemento de recursos novos, de alicerce tecnolóxico, dirixidos a botar unha man no día a día de colectivos en risco de exclusión ou con atrancos de accesibilidade. Nesta liña sitúase a iniciativa Vodafone Connecting for Good, da que falamos recentemente en Código Cero para dar conta dos seus premios galegos. Porén, agora é a quenda de falar dos galardóns a nivel estatal, sobre todo por un motivo ben concreto: houbo presenza galega no palmarés. Segundo nos conta a Universidade de Vigo, a investigadora Silvia García Méndez, do Grupo de Tecnoloxías da Información de AtlantTIC, vén de obter un dos premios Connecting for Good á Innovación en Telecomunicación que concede a Fundación Vodafone.
O seu proxecto, titulado Librería para a xeración de linguaxe natural en castelán, foi presentado a pasada semana na fase final do certame xunto con outros cinco traballos finalistas de todo o Estado e resultou gañador na categoría Accesibilidade TIC. O obxectivo do seu traballo é, nas súas palabras, “facilitar a comunicación de persoas con trastornos na fala a través da xeración de linguaxe natural a partir de seleccións de palabras”. Máis en detalle, a investigadora da EE de Telecomunicación explica que a proposta que presentou conforma o seu traballo fin de máster e “consiste nunha adaptación ao castelán da librería SimpleNLG para a xeración automática de linguaxe natural a partir de seleccións de palabras”. Esta librería foi integrada no comunicador PictoDroid Lite, unha aplicación desenvolvida polos investigadores vigueses do proxecto Accegal, co-dirixido polo profesor Enrique Costa e, como apunta García, “deste xeito puidemos probar a súa funcionalidade e utilidade”.
Lembrar que PictoDroid Lite é un comunicador pictográfico posto en marcha graza á colaboración durante varios anos entre o Grupo de Tecnoloxías da Información da Escola Enxeñería de Telecomunicación e o Centro de Educación Especial Manuel López Navalón de Santiago de Compostela. Trátase dunha aplicación para dispositivos Android que permite ás persoas con certos tipos de transtornos que afectan á súa comunicación, como parálise cerebral ou autismo, comunicarse a través do uso de pictogramas, signos que representan esquematicamente un símbolo, obxecto real ou figura. Empregando pictogramas as e os usuarios poden expresar accións moi concretas e elaborando oracións sinxelas. Segundo reflicte a Universidade de Vigo, a achega da investigadora Silvia García nesta aplicación permite que os nenos e nenas con problemas de comunicación seleccionan pictogramas “e a librería xera de forma automática unha frase en linguaxe natural, como falamos nós”, destaca.
A obtencioón deste premio para a investigadora viguesa supón unha achega de 15.000 euros e a posibilidade de participar no Mobile World Congress de 2018 e nos obradoiros de formación Campus CDTI.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?