Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O 44% dos clientes de ABANCA son xa usuarios dixitais activos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O 44% dos clientes de ABANCA son xa usuarios dixitais activos

Redacción
Publicado: 26/06/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

abanca-1.jpgABANCA vén de presentar os resultados de actividade referentes aos seus tres anos de andaina. En termos xenéricos, a entidade financeira sinala que mellorou a súa solvencia e rendibilidade, incrementando o crédito e reducindo a menos da metade a súa morosidade. E termos de transformación tecnolóxica, os grandes fitos foron a súa “marcada orientación ao cliente” e a súa “innovación e fortaleza financeira”. Esta arela de ollar cara ao futuro materializouse en parte na renovación da rede de oficinas, a súa infraestrutura e a súa plataforma tecnolóxica, ámbitos para os cales destinouse un investimento de 150 millóns de euros ao longo dos últimos dous anos. Ademais, informou a entidade, grazas ao lanzamento de servizos con diversas funcionalidades de pago móbil, envío de efectivo, financiamento e aprazamento de pagos (ABANCA Cash, ABANCA Pay, Samsung Pay), “o proceso de dixitalización mostra un significativo avance”. En concreto, conseguiuse que o 44% da base de clientes do banco sexan xa “clientes dixitais activos”.
Ademais, tamén se logrou que a canle dixital supuxera o 43% das transaccións totais e que a banca móbil fose unha das mellor valoradas tanto na App Store como en Google Play.
A entidade galega tamén lembrou que no segmento empresas as transaccións realizadas a través da banca electrónica medraron un 31% interanual no primeiro trimestre, “con máis de 53.000 empresas activas que xa poden asinar as súas operacións desde o móbil”.
Cifras de tres anos de andaina
O informe da entidade financeira galgega inclúe unha serie de cifras xenéricas que complementan e completan os números tecnolóxicos que citamos máis arriba. Segundo apuntou ABANCA, entre 2013 e 2017 o volume de negocio minorista aumentou de 52.544 a 62.707 millóns de euros (+19,3%), o volume de crédito en situación normal creceu de 23.812 a 26.283 millóns de euros (+10,4%), a taxa de morosidade caeu do 15,06% ao 6,54% (-852 puntos básicos), o cociente de capital CET1 aumentou do 11,44% a 14,41% (+297 p.b), o beneficio neto incrementouse desde 21 a 334 millóns de euros (+313 millóns), e a rendibilidade ROE multiplicouse por 16 (desde o 0,94% ao 15,04%). Pola súa banda, o Indice de Prescrición Neta (IPN) pasou de -42 a +12 puntos (+54 puntos). O IPN é o índice de recomendación que ten unha empresa.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?