Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O grupo Euskaltel distribuirá dividendos entre os seus accionistas o vindeiro día 5
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O grupo Euskaltel distribuirá dividendos entre os seus accionistas o vindeiro día 5

Redacción
Publicado: 26/06/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Alberto García Erauzkin e Francisco Arteche, presidente e conselleiro delegado de Euskaltel
Alberto García Erauzkin e Francisco Arteche, presidente e conselleiro delegado de Euskaltel
O Consello de Administración do grupo Euskaltel acordou na súa reunión posterior á celebración da Xunta Xeral de Accionistas celebrada esta mañá, fixar o día 5 de xullo de 2017 como data de pagamento do dividendo complementario, con cargo aos resultados do exercicio de 2016, de 21 céntimos de euro brutos por cada acción.
Cómpre lembrar que o Consello de Administración de Euskaltel aprobou en outubro a distribución entre os accionistas da Compañía dun dividendo a conta dos resultados do exercicio 2016 de 15 céntimos de euro brutos por acción, o que significa un volume de 22,7 millóns de euros, que se fixo efectivo o pasado 1 de febreiro de 2017.
Posteriormente, e en consecuencia co anterior, o Consello de Administración acordou someter á Xunta Xeral de Accionistas a aprobación dun dividendo complementario de 21 céntimos de euro por acción, por un volume de 31,8 millóns de euros, cuxo pago sería efectivo na data que determinase o Consello de Administración a celebrar inmediatamente despois da Xunta Xeral, que quedou fixado para o vindeiro 5 de xullo.
Isto supón que o importe total do primeiro dividendo distribuído por Euskaltel ascende a 54,6 millóns de euros, e supón unha rendibilidade sobre a acción superior ao 4%.
Durante o seu discurso ante a Xunta Xeral de Accionistas, o presidente do Grupo Euskaltel, Alberto García Erauzkin, destacou que «iniciamos un camiño de retribución ao accionista con vocación de continuidade, coa distribución do primeiro dividendo, o ano inmediatamente seguinte ao comezo do noso traxecto como empresa cotizada».
Pola súa banda, o conselleiro delegado do Grupo, Francisco Arteche, pechou o seu discurso cunha mensaxe de confianza sobre o futuro do Grupo e ratificou as previsións de crecemento da sociedade: «Quero confirmar que mantemos a nosa previsión e obxectivo para o ano, que implica consolidar o crecemento tanto da marxe de EBITDA como do fluxo de caixa, o que nos permitirá manter a nosa política de remuneración ao accionista de forma sostida e crecente».

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?