Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Lugo introdúcenos en diferentes ferramentas para afondar no coñecemento do medio
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Lugo introdúcenos en diferentes ferramentas para afondar no coñecemento do medio

Redacción
Publicado: 27/06/2017
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

deputacion_lugo_medio_ambiente_programa.jpgA Deputación de Lugo presentou este luns a súa nova programación de actividades ligadas ao medio natural (accións de limpeza, deportivas, de horticultura, de reciclaxe, de coñecemento da natureza a través das TIC, etc). Segundo fixo saber o deputado de Medio Ambiente, Argelio Fernández Queipo, trátase dunha longa listaxe de accións de balde (un total de 30) nas que poderán participar máis de 700 persoas de todas as idades. Para participar neste programa de iniciativas (as novas actividades do terceiro trimestre dos centros de interpretación Terras do Miño e Casa das Insuas, así como dos Ancares Lucenses), teremos que inscribirnos na web da Deputación, deputacionlugo.gal ou ben chamar ao 982 22 78 12.
Fernández Queipo salientou que “a través desta nova programación buscamos fomentar entre a cidadanía valores relacionados coa conservación e mantemento do medio ambiente, ao mesmo tempo que damos a coñecer o entorno natural que nos rodea, co fin de aprender a respectalo e coidalo”. Neste senso, o Deputado explicou que o Goberno continuará ofrecendo este tipo de actividades pois “cada ano son máis os lucenses que participan neste tipo de actividades, o que nos anima a seguir ofrecendo máis e mellores programacións”.
Entre as iniciativas previstas inclúese en setembro (o día 9, na Casa das Insuas de Rábade) un obradoiro Ferramentas cartográficas dixitais para naturalistas, en horario de 10:00 a 14:00 horas. Asemade, días antes (o 8 de xullo), organizarase un curso sobre radioseguimento de fauna, ou sexa, sobre as técnicas empregadas a día de hoxe, combinadas xeralmente co GPS e os Sistemas de Información Xeográfica (SIX), para avanzarmos no coñecemento de todo tipo de especies (estas tecnoloxías permiten coñecer a distribución de paxaros ou mamíferos, a súa mobilidade ou os métodos a seguir para procurar áreas de alimentación, entre outras cousas).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?