Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Campus de Pontevedra introduce a estudantes no uso didáctico de xoguetes interactivos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Campus de Pontevedra introduce a estudantes no uso didáctico de xoguetes interactivos

Redacción
Publicado: 27/06/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

uvigo_xoguetes_interactivos.jpgAchegar á mocidade ao uso didáctico de brinquedos interactivos e do encerado dixital. Este é o obxectivo do curso de extensión universitaria Como ensinar ciencias con xoguetes interactivos, recursos en liña e encerado dixital que se está a desenvolver no Campus de Pontevedra e no que participan 29 alumnas e alumnos. A actividade, que integra no seu día a día o emprego de robots educativos ou códigos QR cos que acceder a actividades dixitais, está dirixida polos profesores María Álvarez Lires e Francisco Serrallé e conta co traballo dos investigadores Xabier Álvarez Lires e María Lorenzo. Trátase da cuarta edición dun obradoiro inserido no programa de cursos de verán da Vicerreitoría do Campus. En palabras da profesora Álvarez Lires, “trátase de que o futuro profesorado se achegue á experiencia cotiá do seu alumnado, que se move nunha contorna dixital desde a primeira nenez”.
Ao igual ca en edicións anteriores, as e os asistentes ao curso son maioritariamente alumnado dos graos en Educación Infantil e Educación Primaria. A través da actividade inícianse en cousas como manexo do encerado dixital para a creación de recursos didácticos ou na programación de xoguetes interactivos como os set de Lego We-Do e Lego e-Lab.
En termos máis concretos, as/os estudantes traballaron en grupos na creación dun porto, dunha cidade, dunha aldea ou tanto dunha praia con bandeira azul como doutra afectada pola contaminación. “Deste xeito, ligamos os diferentes recursos a unha maqueta e dámoslles sentido, aproximámoos a unha realidade que poida ser próxima ao alumnado”, engaden os profesores Xabier Álvarez Lires e María Lorenzo acerca dun proceso que, por unha banda, levou a estes grupos a integrar os xoguetes interactivos na maqueta, convertidos nunha grúa capaz de subir os barcos polas ramplas do porto ou nas galiñas de aldea, e por outra banda, a desenvolver a través do encerado dixital gifs animados e actividades didácticas propia relacionadas coa temática da súa maqueta, á que se vencellan a través de códigos QR, xunto con outra serie de recursos como vídeos. Un conxunto de materiais que cada grupo terá que presentar na última sesión, o vindeiro xoves.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?