
Ao concurso convocado para dar coa firma finalmente elixida presentáronse media ducia de empresas, ficando unha delas excluída por non ter garantido de maneira axeitada a solvencia técnica e profesional requirida. Para a adxudicación tivéronse en conta criterios e parámetros como a proposta técnica, a proposta de arquitectura de contidas, a oferta económica e, tamén, as melloras presentadas polas empresas.
Os traballos de deseño, implantación e migración de contidos inclúen un orzamento de 105.000 euros (IVE incluído). O acordo foi dado a coñecer no Boletín Oficial da Cámara e nel especifícase que a empresa galega foi a que meirande puntuación acadou nos criterios fixados nos pregos.
Les Corts Valencianes adxudican a Balidea a renovación do seu portal
Compartir Este Artigo

