Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O COETG-AETG convoca os Premios Galicia das Telecomunicacións 2017
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O COETG-AETG convoca os Premios Galicia das Telecomunicacións 2017

Redacción
Publicado: 28/06/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Foto de familia da anterior edición da Noite Galega das Telecomunicacións
Foto de familia da anterior edición da Noite Galega das Telecomunicacións
O Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (COETG-AETG) veñen de convocar unha nova edición dos Premios Galicia das Telecomunicacións 2017. Estes galardóns, como de costume, serán entregados no marco da Noite Galega das Telecomunicacións, que vai xa pola súa edición número 22. O evento, sen dúbida un dos grandes acontecementos anuais galegos e estatais en materia TIC, desenvolverase á volta do verán, o 29 de setembro, sendo o seu fío temático a cuestión da ciberseguridade.
Os devanditos recoñecementos divídense en tres categorías:
A primeira é Premio Gerardo García Campos á mellor iniciativa empresarial no sector 2017, convocado pola Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia e patrocinado pola Fundación Gerardo García Campos e dotado con 6.000 euros. Trátase dunha iniciativa que premia aqueles proxectos empresariais emerxentes no ámbito das Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC) que representen unha innovación, coa finalidade de darlles un impulso económico, empresarial e social a aquelas empresas que están empezando a súa andaina.
A segunda modalidade, convocada pola Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia, é o Premio Gradiant á mellor tese doutoral aplicada ao sector TIC 2017. Coa concesión desta distinción patrocinada pola Fundación Centro Tecnolóxico das Telecomunicacións de Galicia (Gradiant) e dotada con 1.500 euros, preténdese fomentar a realización de teses doutorais con potencial de aportar valor no mercado como vehículo de xeración de coñecemento e recoñecer a aqueles investigadores das universidades galegas que teñan completada a súa tese doutoral nun eido aplicable ao sector TIC.
Polo que respecta á terceira categoría, convocada tamén pola Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia, trátase do Premio ao Mellor Proxecto TIC con Beneficios Sociais 2017, achegado en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) da Xunta de Galicia. Este galardón de carácter honorífico, pretende recoñecer os mellores proxectos no ámbito das Tecnoloxías da Información e a Comunicación que contribúan e aporten beneficios á sociedade.
Segundo lembra o COETG-AETG, toda a información sobre as convocatorias dos premios está dispoñible na web corporativa www.aetg.gal.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?