O vindeiro 11 de xullo é a data elixida por Amazon para a celebración do seu terceiro Prime Day, data na que a popular tenda en liña recompensa aos subscritores de Amazon Prime con ofertas exclusivas, e que nesta edición destaca por durar un total de 30 horas, de xeito que comezará o día 10 ás 18:00 horas.
Durante o tempo no que dure a celebración iranse activando novas ofertas cada hora, co que buscan ter aos usuarios pendentes das distintas oportunidades, o que tamén é un interesante incentivo para atraer a novos subscritores do servizo que achega portes urxentes de balde en numerosos produtos a cambio dunha cota anual (que tamén facilita o acceso ao catálogo audiovisual en liña de Amazon Prime Video e ao servizo de almacenamento ilimiO vindeiro 11 de xullo é a data elixida por Amazon para a celebración do seu terceiro Prime Day, data na que a popular tenda en liña recompensa aos subscritores de Amazon Prime con ofertas exclusivas, e que nesta edición destaca por durar un total de 30 horas, de xeito que comezará o día 10 ás 18:00 horas.
Durante o tempo no que dure a celebración iranse activando novas ofertas cada hora, co que buscan ter aos usuarios pendentes das distintas oportunidades, o que tamén é un interesante incentivo para atraer a novos subscritores do servizo que achega portes urxentes de balde en numerosos produtos a cambio dunha cota anual (que tamén facilita o acceso ao catálogo audiovisual en liña de Amazon Prime Video e ao servizo de almacenamento ilimitado de fotografías Prime Photos).
Desta volta as ofertas dos Prime Day aparecerán organizadas segundo as categorías máis compradas, facilitando a súa localización en función dos nosos intereses, e para que os clientes non perdan ningunha oportunidade de interese será posible que activen o seguimento de ofertas para recibir unha notificación no móbil cando estean a piques de comezar.
Para ir animando a chegada do Prime Day, Amaazon.es presentará numerosas ofertas e promocións a partires do 5 de xullo, co que buscan manter a atención sobre a súa xornada de celebración anual que é xa o día de maior volume de vendas en Amazon tras o Black Friday.tado de fotografías Prime Photos).
Desta volta as ofertas dos Prime Day aparecerán organizadas segundo as categorías máis compradas, facilitando a súa localización en función dos nosos intereses, e para que os clientes non perdan ningunha oportunidade de interese será posible que activen o seguimento de ofertas para recibir unha notificación no móbil cando estean a piques de comezar.
Para ir animando a chegada do Prime Day, Amaazon.es presentará numerosas ofertas e promocións a partires do 5 de xullo, co que buscan manter a atención sobre a súa xornada de celebración anual que é xa o día de maior volume de vendas en Amazon tras o Black Friday.
Amazon celebrará o seu terceiro Prime Day o 11 de xullo
Compartir Este Artigo
