Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O presidente do CPEIG participou no Congreso de Edificios Intelixentes celebrado en Madrid
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O presidente do CPEIG participou no Congreso de Edificios Intelixentes celebrado en Madrid

Redacción
Publicado: 29/06/2017
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

cpeig_fernando_suarez_congreso_edificios_intelixentes_madrid.jpgO pasado 21 de xuño celebrouse en Madrid a terceira edición dun encontro arredor de diferentes metodoloxías e recursos para fogares smart (vivendas conectadas ás redes e á Internet das Cousas, máis sustentables, eficientes e mellor comunicadas). O Congreso de Edificios Intelixentes incluíu unha mesa redonda sobre ciberseguridade, riscos e evolucións aplicables ás novas vivendas. Nela participou Fernando Suárez, presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG). E fíxoo en calidade de representante da entidade galega e de vicepresidente primeiro do Consello de Colexios de Enxeñaría en Informática (CCII). O obxectivo xeral do dito Congreso foi potenciar o intercambio de coñecementos e experiencias sobre os edificios intelixentes dun xeito transversal, multidisciplinar e multisectorial.
Na súa intervención, Suárez salientou que a ciberseguridade nos edificios intelixentes merece ter unha maior atención para atallar as múltiples vulnerabilidades que permiten a un atacante “non só tomar o control de todos os sistemas intelixentes como son a iluminación, sistemas de augas, ventilación, xeración de enerxía, ascensores e escaleiras mecánicas, entre outros, senón que tamén poden supoñer un vector de entrada que presenta un risco a nivel dixital, accedendo á rede interna, pero tamén unha intrusión na contorna física”.
O presidente do CPEIG tamén fixo saber que é necesario “construír edificios intelixentes ao redor da ciberseguridade, e non ao revés”. Desta maneira, avogou pola “introdución dos requisitos de seguridade desde a súa concepción”, no momento mesmo do deseño, identificando cales son os niveis de risco e cales son as implicacións en todos os stakeholders que se integran no ecosistema. Fernando Suárez defendeu como “fundamental” que o regulamento dese tipo de infraestrutura contemple tamén os profesionais con competencias e coñecementos acordes “para garantir as implicacións relativas á seguridade”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?