Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Un traballo da USC, premiado pola rede de investigadores TIC universitarios
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Un traballo da USC, premiado pola rede de investigadores TIC universitarios

Redacción
Publicado: 29/06/2017
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

usc_almudena_tic.jpgA investigadora da USC Almudena Alonso Ferreiro vén de resultar distinguida co I Premio á Mellor Tese Doutoral no ámbito da Tecnoloxía Educativa outorgado pola Rede Universitaria de Tecnoloxía Educativa (RUTE), asociación académica sen ánimo de lucro constituída por docentes e investigadores universitarios interesada en promover as aplicacións educativas das TIC. O motivo? Pois a súa tese de doutoramento desenvolvida baixo o epígrafe Competencia dixital e escola. Estudo de caso etnográfico en dous CEIP de Galiza. O traballo de investigación, dirixido por Adriana Gewerc, do Grupo de Investigación Stellae, dirixiuse a describir, coñecer e comprender os procesos de apropiación que se producen nos centros educativos da nosa terra a raíz das disposicións legais do currículo da educación primaria (Decreto 130/2007), especialmente aquelas referidas á competencia dixital.
Na súa investigación Almudena Alonso atopou elementos con capacidade para marcar un antes e un despois educativo e que mobilizan aos actores escolares, “favorecendo o cuestionamento sobre a propia práctica, aínda que sen chegar a xerar una transformación da mesma”.
Segundo informa a Universidade de Santiago, o traballo supón “un marco de reflexión en torno á competencia dixital na escola, cunha revisión actualizada dos retos a nivel macro, meso e micro na integración das tecnoloxías dixitais nos centros educativos”. A xa doutora reclama e expón nel unha proposta de regulación “que ampara e dignifica o traballo do coordinador TIC no sistema educativo galego e que supón un punto de encontro entre teoría e práctica”.
O premio entregouse a pasada semana na Universidade de Burgos coincidindo co XXV Aniversario das Xornadas Universitarias de Tecnoloxía Educativa (JUTE).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?