Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Fundación TIC organizará en Xuvenciencia un obradoiro de contidos para YouTube
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Fundación TIC organizará en Xuvenciencia un obradoiro de contidos para YouTube

Redacción
Publicado: 03/07/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

campus_xuvenciencia_de_lugo.jpgA Fundación TIC da Deputación de Lugo vén de subir un novo chanzo no seu labor de cooperación coa Universidade de Santiago, e faino apoiando o desenvolvemento da quinta edición do Campus de Verán Xuvenciencia, que se celebra do 2 ao 8 de xullo. Ao abeiro desta colaboración, a Fundación TIC aplicará a súa longa experiencia elaborando audiovisuais e promovéndoos nas redes realizando un obradoiro de contidos para YouTube.
A dita actividade será impartida por un docente da Escola de Imaxe e Son. Isto complementarase cos traballados dunha equipa de profesionais e bolseiros da TIC achegando apoio técnico e asesoramento para o alumnado con vistas a dar forma aos vídeos de presentación dos proxectos finais dos estudantes. A achega da Fundación TIC complementarase con reportaxes e un vídeo de escolma dos intres máis destacados de Xuvenciencia, que se proxectará o día da clausura.
Xuvenciencia conta coa participación de 130 alumnos de cuarto da ESO e Bacharelato en máis dun centenar de actividades. Desenvólvese ao abeiro do programa estival do Campus Terra (Campus de Lugo), tentando mostrar á xuventude preuniversitaria a ciencia e a tecnoloxía dun xeito práctico, fomentar o seu interese polas titulacións neste eido e amosar os itinerarios formativos das seis facultades e escolas da USC en Lugo. A eles súmanse os ciclos de formación profesional que é posible estudar na cidade, incluídos os superiores de Realización e Produción que se imparten na EIS.
O doutor en Física Cibrán Santamarina, profesor da USC e colaborador do CERN, abrirá o V Campus de Verán cunha charla titulada Elemental, querido Schrödinger.
Segundo lembra a Deputación de Lugo, a Fundación TIC mantén dende hai tempo unha estreita colaboración coa USC para impulsar o Campus Terra, con varias actuacións como a difusión da campaña Para Estudar Lugo, que impulsa a entidade provincial. Entre outras achegas divulgativas, cómpre salientar a do curso de verán O impacto da prensa local na configuración do tecido social e político. O caso de Ortigueira, celebrado na Facultade de Humanidades e a visita didáctica realizada, este curso, polos alumnos do cuarto ciclo ás instalacións da TIC.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?