O Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia celebrou o pasado 30 de xuño a súa asemblea xeral ordinaria na Escola Superior de Enxeñaría Informática, a ESEI, en Ourense, co obxectivo de poder asistir posteriormente aos actos conmemorativos do 25 aniversario organizados pola Escola nesa data. Con esta iniciativa, o CPETIG afonda no compromiso de colaboración recíproca coa ESEI, que ambas as partes valoran moi positivamente.
Durante a xuntanza, o presidente do Colexio, Marcos Mata, presentou o informe de xestión e a memoria anual do pasado ano, elaborada pola xunta de goberno, así como a proposta de orzamento para o presente exercicio.
Unha vez rematada a asemblea, unha representación do CPETIG participou no acto académico do aniversario da ESEI, presidido polo seu director Francisco Javier Rodríguez.
O CPETIG celebrou a súa asemblea no marco dos 25 anos da ESEI de Ourense
Compartir Este Artigo

