Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: SIC17 Summer xunta en Vigo os máis referenciais expertos en europeos en procesado de sinal
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

SIC17 Summer xunta en Vigo os máis referenciais expertos en europeos en procesado de sinal

Redacción
Publicado: 04/07/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

uvigo_sic_summer.jpgO Centro Social AFundación en Vigo está a acoller hoxe un encontro de traballo internacional sobre todo o que quixemos saber da teoría da información, o procesado de sinal, as redes de comunicación de sensores e o deseño de algoritmos que axuden aos sistemas informáticos e ás máquinas a subir novos chanzos en intelixencia, eficacia e puntería. Trátase da sexta edición da xuntanza Spanish Workshop on Signal Processing, Information Theory and Communications (SIC17 Summer), na que están a participar tres ducias de docentes e investigadores do procesado de sinal e as comunicacións avanzadas. A xeira de traballo vén da man do Grupo de Procesado de Sinal en Comunicacións da Universidade de Vigo, co apoio da Universidade Politécnica de Cataluña, coordinadora da RedComonsens. Esta rede de excelencia ten a súa orixe no proxecto Comonsens, que se desenvolveu entre os anos 2009 e 2014 e no que participaron 135 investigadores de dez grupos españois, entre eles o GPSC da Universidade de Vigo.
Segundo explica Roberto López, integrante do dito grupo GPSC e coordinador do workshop, a sesión ten carácter bianual e nela participan docentes e estudantes, así como calquera investigadora ou investigador interesado na temática.
En total, estanse a presentar nesta edición da xuntanza 16 pósters. A xeira de traballo conta neste senso coa participación de tres relatores convidados. Primeiro, o catedrático da Universidade de Aveiro e profesor adxunto en Carnegie Mellon University Rui Aguiar, en palabras da organización do evento “un recoñecido experto internacional no eido das tecnoloxías de rede. Segundo, Daniel Romero, profesor titular na Universidade de Agder (Noruega), “que centra a súa investigación en métodos de aprendizaxe máquina aplicados a comunicacións sen fíos”. E teceiro, Antonio G. Marquéz, profesor titular na Universidade Rei Juan Carlos, experto na optimización de redes de comunicacións sen fíos e de distribución eléctrica e aplicación do procesado de sinal á teoría de redes.
Logo de cinco edicións, Roberto López, docente e investigador do Grupo de Procesado de Sinal en Comunicación considera que “estas reunións periódicas demostraron ser un instrumento moi valioso para reforzar as relacións entre investigadores españois do eido do procesado de sinal e as comunicacións, dando lugar a numerosos resultados de investigación realizados en colaboración entre eles, así como a captación de fondos mediante proxectos realizados de xeito coordinado”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?