Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Coruña apoiará o emprendemento social, igualitario, sustentable e TIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Coruña apoiará o emprendemento social, igualitario, sustentable e TIC

Redacción
Publicado: 05/07/2017
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

coruna_lema_concelleiro_emprendemento.jpgO Concello da Coruña deu a coñecer este mércores o seu programa para incentivar e apoiar a posta en marcha de novas iniciativas de mercado. Trátase do programa Emprendemento Coruña, un marco de actividades común para todo o que se faga dende a cidade “a prol do estímulo e máis a promoción da actividade empresarial”. A iniciativa foi dada a coñecer polo concelleiro Alberto Lema, quen avanzou unha serie de detalles de interese sobre a mesma. Por exemplo, que se crearán espazos para o traballo en conxunto de firmas vencelladas a un mesmo sector, que haberá asesoramento e formación e axudas, e que se fará fincapé na importancia de crear firmas innovadoras, sustentables e de cariz social. Máis adiante, contémplanse esforzos complementarios para o pulo de empresas de mulleres, TIC ou de artesanías.
Para fortalecer todo isto celebraranse os días vindeiros, no viveiro Accede Papagaio, as Xornadas Impacta (esta fin de semana, o 7 e 8 de xullo, xirando arredor do emprendemendo con impacto social e economía colaborativa), as Xornadas Creactiva (o 15 e o 16 de setembro, tendo como alicerce a economía creativa, a industria cultural e os contidos dixitais) e as Xornadas Greenweekend (do 20 ao 22 de outubro, sendo o seu fío temático a economía verde). Estes bloques de traballo, que se organizan desde a concellería de Emprego e Economía Social que dirixe Alberto Lema, terán seguimento en anos vindeiros e veranse enriquecidos con outras perspectivas e enfoques, en palabras de Lema “cruciais para a nova economía, como é a das mulleres emprendedoras, a chamada economía azul (vinculada ao mar), a economía da información e as novas tecnoloxías da información (TIC), o Turismo Verde ou as artesanías.
Ao abeiro do programa Emprendemento Coruña, Lema deu conta tamén das axudas existentes para potenciar aqueles proxectos da economía social ou cooperativas que “coa súa actividade promovan a competitividade da economía local a través da innovación e o uso das tecnoloxías”, que teñan “en conta na súa xestión criterios de igualdade e de conciliación e que contribúan ao desenvolvemento dun modelo económico respectuoso co medio ambiente”. Inclúense nelas axudas a entidades asociativas empresariais sen ánimo de lucro para proxectos de promoción económica relacionadas coa innovación, a internacionalización e a economía social, cun máximo de 15.000 euros por proxecto, e as axudas a persoas emprendedoras para a creación de cooperativas e empresas (ata 5.000 euros por proxecto).
O concelleiro lembrou que o Executivo local ten abertos dous viveiros de empresas, o de Agrela, cunha ocupación aproximada do 90%, e Accede Papagaio, que anda a rentes do 50%, “cifras bastante satisfactorias á vista da súa escala”, comentou.
Xornadas Impacta
Esta mesma fin de semana celebraranse no centro Accede Papagaio as Xornadas Impacta, sobre emprendemendo con impacto social e economía colaborativa, e que está organizada por Impacta Hub, rede global de profesionais e empresas enfocada a proxectos con impacto positivo a nivel social e ambiental. O programa ábrese o venres, ás 16.30 horas, co foro sobre emprendemento con impacto e economía colaborativa, mentres que o sábado, desde as 10.00 horas e durante todo o día, terá lugar o obradoiro Impactamos Coruña: como transformar retos sociais en oportunidades.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?