Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: CESGA e UVigo queren impulsar o modelado como método de coñecemento do sistema terrestre
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

CESGA e UVigo queren impulsar o modelado como método de coñecemento do sistema terrestre

Redacción
Publicado: 05/07/2017
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

hpc-4.jpgO 18 de xullo Santiago vai dar acollida a un seminario científico para facernos avanzar no coñecemento do medio natural mediante cálculo de altas capacidades e outras metodoloxías TIC de deseño e predición de comportamentos. Por exemplo a simulación do sistema terrestre. Falamos do congreso Computación de Altas Prestacións e Modelado de Ciencias da Atmosfera e do Océano. O seminario, que conta co apoio da Rede Española de Supercomputación (RES), diríxese tamén a achandar o terreo (resolvendo retos, emendando posibles atrancos) para impulsar e estender o uso do modelado dos fenómenos da terra mediante sistemas de computación de altas prestacións, unha práctica que, tendo en conta a deriva da Terra por mor da acción do home (principalmente o cambio climático), será cada vez máis demandada por todo tipo de entidades. O evento contará co apoio do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) e da Universidade de Vigo.
Segundo informa a devandita Rede, “as simulacións do clima ou o océano precisan dun gran número de horas de cálculo, usando sistemas moi heteroxéneos en ocasións e requiren dunha elevada capacidade de almacenamento e velocidade de transmisión de datos”. A Rede Española de Supercomputación (RES) quere dar solución a estes problemas desde hai tempo, proporcionando recursos aos grupos de investigación que o necesitan. Tanto o seminario científico do Santiago como outros eventos semellantes diríxense a unificar visións arredor das solucións implementadas ou dos modelos dispoñibles e soportados nos sistemas da RES.
“Nesta xornada”, engade a Rede, “realizarase un repaso por diversas cuestións relacionadas coa simulación do sistema terrestre tanto desde o punto de vista científico como computacional; ademais debateremos sobre interpretación de resultados, optimización, novas aproximacións tecnolóxicas así como transmisión deste coñecemento á sociedade”.
O evento desenvolverase no Instituto de Investigacións Agrobiológicas-CSIC, no Campus Sur da Universidade de Santiago.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?