Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Vitae mostra aos nosos profesionais como obter a máxima calidade no software
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Vitae mostra aos nosos profesionais como obter a máxima calidade no software

Redacción
Publicado: 06/07/2017
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

testing_software.jpgVitae quere afianzar entre os nosos profesionais as metodoloxías máis avanzadas de validación e avaliación de programas en proceso de desenvolvemento. Ou sexa, os recursos máis innovadores para que non se lles escape ningún detalle durante o proceso de creación dunha ferramenta. Con este motivo, Vitae organiza a cuarta edición do Curso Certificación ISTQB en Fumdamentos en Testing (formato PDF). Este obradoiro, en palabras da consultora-academia galega, céntrase na área do testing comezando polos alicerces da avaliación pormenorizada do software, explicando as diferentes probas que se poden realizar así como o deseño destas e as ferramentas existentes para realizar proxectos de testing a nivel profesional. O curso, de 16 horas, desenvolverase na Coruña no Hotel Attica 21 os días 18 e 19 de setembro.
A base do obradoiro está na importancia cada vez maior que as empresas, os profesionais e as entidades de todo mundo lle dan a un programa sen fisuras. En palabras de Vitae, “a calidade no desenvolvemento do software é unha vantaxe competitiva e para acadar esta vantaxe é preciso dispor dos coñecementos e os recursos necesarios”.
O curso dá a opción de Certificación en Fundamentos de Testing polo ISTQB, un programa de certificación (polas súas siglas International Software Testing Qualifications Board) recoñecido como un estándar internacional para todos os profesionais do testeo de software.
Os obxectivos son “fornecer dos procedementos e métodos de meirande relevancia en probas que capacitarán ao asistente para xestionar, planificar, deseñar e executar probas de programas coa meirande eficacia”. Grazas ao curso, os asistentes poderán entender os conceptos clave e fundamentos das validacións, asegurar un alicerce sólido para o medre profesional e entender técnicas básicas de probas de software.
O encargado de impartir os contidos será Aurelio Gandarillas Cordero, enxeñeiro en Informática e enxeñeiro técnico industrial en Electrónica, con máis de 25 anos de experiencia profesional no sector TI e máis dunha ducia de anos de bagaxe como consultor e formador en desenvolvemento e calidade do software.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?