Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A UDC amosará a 60 persoas metodoloxías para mellorar o ensino na era dixital
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A UDC amosará a 60 persoas metodoloxías para mellorar o ensino na era dixital

Redacción
Publicado: 07/07/2017
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

educacion_dixital.jpgEste 10 de xullo comeza na Coruña, na Facultade de Ciencias da Educación, unha actividade formativa sobre docencia na era das novas tecnoloxías: docencia empregando as TIC e docencia botando as man das TIC. O Curso de verán Docentes conectados: o reto de educar na era dixital será inaugurado polo reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, a vicerreitora de Oferta Académica e Innovación Docente, Nancy Vázquez, e o decano da Facultade de Ciencias da Educación, Manuel Peralbo. O curso, ao que están apuntados preto de sesenta participantes, ten como finalidade “propiciar un lugar de debate entre os profesionais do ensino para intercambiar ideas e experiencias sobre a práctica docente, así como para a aprendizaxe de técnicas, metodoloxías e recursos para mellorar o proceso de ensino nun contorno dixital”.
O programa da actividade formativa está artellado en varios obradoiros e conferencias plenarias. A conferencia inaugural, prevista para as 10.00 horas do luns, leva como título Discapaciquén? e correrá a cargo de Fátima García Doval, doutora en Didáctica e Organización Educativa: Investigación e Innovación pola Universidade de Santiago de Compostela. Co-directora de ACCEGAL e directora ata 2014 do Centro de Educación Especial Manuel López Navalón de Santiago. Actualmente é responsable do Servizo de Formación do Profesorado na Consellería de Educación.
O curso pecharase o martes, ás 18h., coa intervención Nativos dixitais? Nin están nin se sabe deles de Javier Pedreira, Wicho, coautor do libro Los nativos digitales no existen e editor do blog Microsiervos.com. Esa tarde, antes da conferencia de clausura, presentarase un panel de experiencias innovadoras no ámbito educativo en Galicia: da área de ESO/Bacharelato, Ciencia cidadá, de José M. López Viñas, do IES David Buján; da área de FP, Guía turística plurilingüe en liña do profesor Miguel Ángel Rubio Bajo, do CIFP Rodolfo Ucha, de Ferrol; e do ensino universitario, Fomentando a responsabilidade social nos estudantes de enxeñaría a través de distintas experiencias de aprendizaxe-ensino, da profesora Ana Isabel Ares Pernas, da EU. de Deseño Industrial da UDC.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?