Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Pecha XuvenCiencia con premios ás mellores achegas de ciencia, tecnoloxías e promoción do galego
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Pecha XuvenCiencia con premios ás mellores achegas de ciencia, tecnoloxías e promoción do galego

Redacción
Publicado: 07/07/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

As gañadoras dos Premios Aresa
As gañadoras dos Premios Aresa
Finalmente chegou ao seu remate a quinta edición do Campus de Verán Xuvenciencia, e fíxoo da mellor maneira posible: con recoñecementos os estudantes participantes polo seu espírito innovador e, tamén, polo seu compromiso coa lingua galega (reivindicándoa en ámbitos científicos e tecnolóxicos onde por desgraza cede terreo perante o inglés e o castelán). A gala final celebrouse este venres no auditorio da Facultade de Veterinaria do Campus Terra da USC coa entrega de diplomas aos 135 mozos e mozas participantes, así como coa entrega dos premios Aresa Junior e Proxéctate en Galego. Participaron representantes do Campus de Lugo e máis e a coordinadora deste campamento científico, Mercedes Novo. Xuvenciencia, como lembraremos, veu da man da Universidade de Santiago (Campus de Lugo) e contou co apoio de entidades como a Deputación e o Concello de Lugo e máis a Fundación TIC.
Como dixemos, a gala de clausura acolleu a entrega dos premios Aresa Junior, o cal persegue promover o interese dos rapaces/as pola ciencia e a tecnoloxía, así como premiar as habilidades creativas, artísticas e de comunicación; e Proxéctate en Galego, o cal procura promover o uso do galego como lingua de traballo e comunicación e galardoar a capacidade de transmitir información “de forma innovadora, creativa e axeitada desde o punto de vista lingüístico”.
O equipo Análise das proteínas do leite, integrado por Ana Marina González, Guillermo Huelin, Antonio López, Noa Pena e Noemí Romero, foi gardoado co premio Aresa. Pola súa parte, o equipo Análises Clínicas. Que me pasa doutor?’ integrado por Carla Batlle, Elena Brezmes, María Guerra, Beatriz Ordóñez e Rebeca Pena, gañou o premio Proxéctate en galego.
As gañadoras dos Premios Proxéctate en galego
As gañadoras dos Premios Proxéctate en galego
O xurado estivo integrado pola secretaria Académica, de Infraestruturas e Asuntos Económicos da Escola Politécnica, Montserrat Valcárcel Armesto; un representante da Fundación TIC, así como o director xeral de Aresa e o representante de Proxéctate en Galego, os cales analizaron todos os vídeos e contidos dixitais presentados polo alumnado e que versaron sobre os proxectos científico-técnicos nos que participaron durante toda a semana.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?