Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Un cento de profesionais participaron na xornada de introdución a DevOps organizada polo CPEIG
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Un cento de profesionais participaron na xornada de introdución a DevOps organizada polo CPEIG

Redacción
Publicado: 07/07/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

cpeig_devops.jpgO Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia organizou o pasado 29 de xuño unha xeira de traballo destinada a espallar coñecemento arredor do emprego da tecnoloxía de contedores. A xornada, que contou co patrocinio de HPE e a colaboración de ABANCA, contou coa presenza dun cento de persoas. Celebrouse en Santiago e, en palabras do CPEIG, resultou un “novo éxito de convocatoria” do colexio, que, para quen non o saiba, está mergullado esta tempada na celebración dos seus dez anos de andaina. A xornada Introdución a DevOps, uso de microservizos e tecnoloxías de contedores achegou unha manchea de claves sobre un tema que, en palabras do CPEIG, “resulta de máxima actualidade para o sector TI”.
O presidente do colexio, Fernando Suárez Lorenzo, abriu o foro reivindicando a relevancia de DevOps como un “movemento cultural e profesional que prima a comunicación, a colaboración e a integración entre os desenvolvedores de software e os operadores de sistemas de IT”. Suárez mencionou tamén dos retos e oportunidades que se xeran ao redor das innovadoras tecnoloxías de contedores, que “lles axudan ás empresas e ás administracións a ser máis áxiles, competitivas e aliñarse rapidamente coa nova mentalidade dixital”.
Erik van Ommeren, analista da empresa Gartner, abriu a quenda das intervencións co tema Design thinking and Innovation., No seu relatorio analizou os factores para o éxito con DevOps: enfoque empresarial, cambio cultural, mellora continua, desenvolvemento áxil e automatización. Tamén fixo fincapé nun elemento imprescindible para o cambio sexa efectivo: que este debe atinxir a toda a organización, non só aos departamentos tecnolóxicos, e que cómpre traballar en conxunto.
A continuación, o director executivo de Torusware, Guillermo López, introduciu os asistentes ao “concepto DevOps” e afondou nos porqués do compoñente “axilizador” dos contedores. Tamén dixo que DevOps representa” unha nova filosofía baseada na comunicación e na colaboración, así como na innovación continua e na axilidade”.
Pola súa banda, Ramón Gordillo, arquitecto de solucións de Red Hat, abordou o relatorio DevOps, contedores e aplicacións cloud nativas, e o category manager de HPE, Pablo Ráez, explicou as vantaxes da infraestrutura como código para contornas DevOps.
O encontro finalizou coa mesa redonda Aplicación e uso de DevOps e tecnoloxías de contedores na empresa e administración. Moderada por Guillermo López, participaron no debate Miguel Ares, de Altia; Antonio Bueno Iglesias, do SERGAS; Fernando Suárez, da AMTEGA e José Otero, de Gradiant.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?