Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Fundación CEL introdúcenos de balde nos segredos da mercadotecnia dixital para cooperativas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Fundación CEL introdúcenos de balde nos segredos da mercadotecnia dixital para cooperativas

Redacción
Publicado: 10/07/2017
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

mercadotecnia_dixital-3.jpgA Fundación CEL Iniciativas por Lugo quere repetir o éxito colleitado na primeira edición (en 2016) das súas actividades formativas de balde sobre mercadotecnia dixital para cooperativas. Por esta razón, volveu convocar para a volta do verán, xa no mes de setembro, dous cursos sobre marketing en liña especialmente dirixido ás devanditas entidades colectivas e, tamén, ás sociedades laborais de recente creación e emprendedores de economía social. Os obradoiros serán impartidos por Raúl Ordóñez, profesional con máis de dez anos de experiencia, especializado en mercadotecnia e comunicación en liña, formación e consultoría tecnolóxica, blogues, redes sociais, goberno aberto e estratexias dixitais no mundo empresarial e organizacional.
No primeiro deles, que se desenvolverá do 11 ao 14 de setembro en horario de tarde, a intención é aprender aos participantes a instalar, configurar, xestionar e optimizar WordPress, o popular xestor de contidos (empregado hoxe en día en tres de cada catro webs corporativas do planeta, segundo lembran dende a Fundación CEL). Xunto aos aspectos técnicos, tamén se abordarán as claves para desenvolver unha estratexia de mercadotecnia de contidos axeitada para un negocio ou proxecto a través desta ferramenta.
No segundo curso (do 19 ao 21 de setembro) os participantes entrarán en contacto coa importancia que teñen as redes sociais como canles de comunicación, promoción e venda. O obradoiro abordará algunhas das máis importantes comunidades dixitais, como Facebook, Twitter ou Youtube, explicando o seu funcionamento e fornecendo aos asistentes dos coñecementos necesarios para levar a cabo “unha estratexia social media eficiente”.
Trátase dun proxecto co-financiado pola Rede Eusumo e a Xunta de Galicia do que xa se realizou unha primeira edición en 2016. Esta primeira convocatoria, engade a Fundación CEL, foi quen de acaparar un gran interese e obtivo unha excelente resposta e resultados por parte dos participantes.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?