Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os parques tecnolóxicos estatais xuntaron forzas na Tecnópole
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os parques tecnolóxicos estatais xuntaron forzas na Tecnópole

Redacción
Publicado: 10/07/2017
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

Acto de presentación da memoria do parque celebrado o pasado mes de xuño
Acto de presentación da memoria do parque celebrado o pasado mes de xuño
A semana pasada xuntáronse na Tecnópole de Ourense, en asemblea xeral, os máis de medio cento de representantes da Asociación de Parques Científicos e Tecnolóxicos de España (APTE). A cita, na que participou a directora da Axencia Galega de Innovación (amais de conselleira delegada da Tecnópole), Patricia Argerey, encadrouse no programa de actividades de celebración dos 25 anos do Parque Tecnolóxico de Galicia. Por este motivo, Argerey fixo reconto dalgúns dos principais fitos acadados ao longo deste cuarto de século de andaina: a celebración de dúas conferencias mundiais, o acollemento actual de 300 empresas e centros de coñecemento ou a posta en marcha de Agrobiotech, a aceleradora de innovación de PEME do sector agroalimentario, biotecnolóxico e da biomasa. Tamén lembrou os importantes fitos acadados por empresas tecnolóxicas concretas.
Por exemplo as firmas tecnolóxico-dixitais EGATEL (a empresa que acadou a máxima puntuación no índice Innobench, que é o termómetro da posición innovadora das compañías galegas) ou Xesol Innovación (que presentou recentemente un innovador sistema autónomo de asistencia á condución, do que falamos polo miúdo en Código Cero, e que está valorada en 230 millóns de euros).
Despois da benvida de Argerey e do presidente de APTE, Felipe Romera, os representantes de parques reunidos na Tecnópole e a directiva da asociación puxeron en común os temas relativos á xestión da entidade e as accións conxuntas a emprender nos vindeiros meses. Logo, realizaron unha visita a dúas das empresas da Tecnópole, COASA e EGATEL.
Segundo os datos presentados na asemblea, os 66 parques membros da APTE suman un total de 7.778 empresas e xeran un total de 161.343 empregos, dos que 30.269 se corresponden con profesionais especializados en tarefas de investigación e desenvolvemento (I+D).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?