Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Coruña achegará unha plataforma tecnolóxica de vídeo-interpretación en lingua de signos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Coruña achegará unha plataforma tecnolóxica de vídeo-interpretación en lingua de signos

Redacción
Publicado: 11/07/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

coruna_lingua_signos.jpgO Concello da Coruña quere avanzar botando abaixo a meirande cantidade posible de atrancos que se poidan interpoñer entre a información xerada pola cidade e a cidadanía. Esta semana semana, anunciou unha intervención directa nos atrancos que atinxen ás persoas xordas e con discapacidade auditiva. O camiño elixido para esta iniciativa é, unha vez máis, o camiño das novas tecnoloxías da información. Así o anunciou a Concellería de Igualdade e Diversidade, que anunciou a vindeira posta en marcha dun servizo de vídeo-interpretación en lingua de signos. Este servizo consistirá, en palabras da Concellería, “nunha plataforma tecnoloxía no que unha persoa intérprete de lingua de signos, dende unha localización remota, recollerá unha vídeo-chamada do persoal municipal ou mesmo da persoa usuaria presente nunha oficina de atención cidadá, e traducirá a lingua oral e de signos o diálogo entre ambas”.
A licitación do servizo levarase a cabo nas vindeiras datas. O obxectivo específico: “Garantir a accesibilidade e non discriminación das persoas xordas ou con discapacidade auditiva aos servizos de atención cidadá do Concello”. A licitación, explica o Goberno local, suporá a posibilidade de dispoñer dunha bolsa de horas de vídeo-interpretación en liña para rexistros e atención cidadá directa, ademais da interpretación doutras iniciativas municipais, prevendo a posibilidade de requirir a ampliación deste servizo no futuro. O contrato da área de Igualdade establece unha xornada de traballo na que o persoal aproveitará as devanditas bolsas de horas para, nos tempos dispoñibles alén da atención cidadá, realizar vídeo-interpretación e/ou subtitulado de contidos multimedia municipais (plenos, vídeos de campañas municipais, vídeos para a web do Concello) de forma que, “de xeito progresivo”, poida avanzarse na “necesaria e obrigada accesibilidade universal de todas as persoas aos distintos servizos da Administración”, engadiu a Concellería.
A habilitación do servizo prevé a ampliación dos 10 postos actuais con plataformas de vídeo-interpretación. O tipo de licitación é de 18.000 €, cunha duración máxima de dous anos prorrogables a dous máis, e unha posibilidade de incremento por incorporación de novos postos de ata o 50 %. O persoal deberá posuír a titulación de Técnico Superior en Interpretación de Lingua de Signos Española. O texto establece que a modalidade web/online da plataforma, que se integrará no portal www.coruna.gal e terá que cumprir cos criterios de imaxe corporativa municipais, deberá funcionar “nos navegadores máis usados” pola poboación e “non deberá ter restricións en canto ao número de persoas usuarias ou localizacións empregadas”.
A licitación valora ademais, “especialmente”, a inclusión para o servizo de aplicacións nativas para tabletas ou desenvolvidas en HTML5 que “faciliten maior mobilidade e usabilidade tanto as persoas usuarias do servizo como aos equipos de atención cidadá municipais”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?