Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Escola de Enxeñaría Informática de Ourense amosa as vantaxes de facer un sistema ERP a medida
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Escola de Enxeñaría Informática de Ourense amosa as vantaxes de facer un sistema ERP a medida

Redacción
Publicado: 11/07/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

uvigo_coplant.jpgOs sistemas de planificación de recursos empresariais, os ERP, foron en boa medida os protagonistas dunha xornada celebrada hoxe na Escola Superior de Enxeñaría Informática (ESEI) do Campus de Ourense. A sesión contou coa presenza de Emilio Estévez, director xerente de Coplant Galicia, empresa estatal referente en comercialización de plantas ornamentais vivas. Estévez achegou a súa visión particular dos detalles da implantación dun ERP nunha compañía (no seu caso, Coplant) e, tamén, subministrou datos sobre a longa e frutífera relación que manteñen dende 2010 a empresa que representa e os do Laboratorio de Informática Aplicada Lia2, con sede na ESEI. Froito deste traballo conxunto a entidade conta na actualidade cun sistema tecnolóxico de xestión da información que lle permite dar resposta ás súas necesidades internas e externas.
Segundo explicou Francisco Javier Rodríguez, un dos investigadores que participa nos proxectos con Coplant (e director tamén da Escola Superior de Enxeñaría Informática que organizou a conferencia), a relación con esta empresa naceu a través dun proxecto de “intelixencia de negocios” no que se evidenciou “como a empresa necesitaba mellorar toda a súa parte de tecnoloxía”. O seguinte paso, sinalou, foi “detectar cun equipo de traballo máis amplo as necesidades que tiña de ferramentas tecnolóxicas tendo en conta as súas características” e deseñar un sistema integrado, “subindo de nivel tecnolóxico a compañía”. Como resultado da experiencia adquirida, indicou Rodríguez Martínez, investigadores do grupo que participaron no proxecto crearon unha empresa tecnolóxica para ofrecer este e outros servizos tecnolóxicos.
Pola súa banda, o director xerente da empresa Coplant Galicia explicou como ao longo dos proxectos levados a cabo co grupo Lia2 el e máis a súa equipa traballaron a integración da información e a tecnoloxía. Tamén fixo saber que a día de hoxe a firma que representa ten unha facturación anual superior aos seis millóns de euros e xera emprego director a arredor de 150 persoas, sendo o primeiro empregador do Concello de Tomiño, onde ten a súa sede. Asemade, fixo saber que Coplant comercializa tanto no eido estatal coma no principais mercados europeos: Francia, Reino Unido, Alemaña, Holanda, Bélxica, Portugal, Italia e Dinamarca.
O obxectivo nos proxectos desenvolvidos entre os membros de Coplant Galicia e os investigadores do Campus foi a integración do sistema dos produtores, do sistema de comercializadores e o da propia empresa, de xeito que os tres estiveran integrados nun único sistema. Deste xeito, detalla, se un cultivador dá de alta unha planta no sistema, esta xa se pode comercializar en calquera dos seus puntos. Ademais, explica, na posta en marcha deste deseño de xestión da información e recursos tamén se tivo en conta a páxina web da entidade e a venta a través dela.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?