Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A nova edición do Criterium Aeronáutico de Lugo acollerá carreiras de drons
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A nova edición do Criterium Aeronáutico de Lugo acollerá carreiras de drons

Redacción
Publicado: 12/07/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

depu_lugo_criterium.jpgO aeródromo das Rozas, en Lugo, vai acoller a duodécima edición dun acontecemento que serve de escaparate ao máis avanzado en materia de aeronáutica. De feito, quen queira actualizar coñecemento en materia de tecnoloxías para drons e UAV (vehículos aéreos non tripulados, polas súas siglas en inglés) e das súas capacidades, vai ter no dito evento unha boa oportunidade para facelo. Porén, a xuntanza acolle tamén percorridos polo onte, o hoxe e o mañá de todo tipo de aparellos de voo. Tamén haberá demostracións, carreiras de drons, chimpos en paracaídas e xogos para nenos. Estamos a falar do XII Criterium Aeronáutico, que conta co apoio da Deputación de Lugo (que é o principal patrocinador e que anunciou hoxe a achega de 10.000 euros para o seu desenvolvemento) e do Concello.
A cita foi dada a coñecer polo deputado de Relacións Institucionais, Álvaro Santos Ramos, a carón da alcaldesa de Lugo, Lara Méndez López, do presidente do Real Aeroclub de Lugo, Luís Abelleira, e do xefe do Servizo Provincial de Deportes da Xunta de Galicia en Lugo, Manuel Otero Méndez. O evento, organizado polo Real Aeroclub de Lugo, celébrase entre os días 21 e 25 de xullo no aeródromo das Rozas. Amais da Deputación, na cita tamén colabora o Concello de Lugo, subministrando agasallos e premios institucionais.
Santos Ramos salientou que “é un privilexio poder contar na provincia cun evento destas dimensións, que pola variedade e calidade das actividades que ofrece, conta cunha repercusión mediática internacional, ademais de supoñer un importante revulsivo económico, xa que reunirá a máis de 5.000 persoas, entre pilotos e seareiros”.
A alcaldesa de Lugo, quen felicitou a Luis Abelleira polo recoñecemento da Cruz ao mérito (que vén de recibir pola traxectoria de 50 anos adicada ao aeródromo de Rozas e á aviación deportiva), subliñou “a oportunidade económica e de promoción que supón este Criterium para Lugo”.
O presidente do Real Aeroclub de Lugo explicou que esta cita ten “un enfoque duplo”, por unha banda deportiva (para o goce dos pilotos que participan nos distintos campionatos), e pola outra divulgativa (xa que un dos obxectivos que persegue é “achegar o mundo da aviación ao público en xeral, permitíndolles participar nas diversas actividades que organiza”).
Segundo fixeron saber, o Criterium Aeronáutico xuntará máis de 150 aeronaves. Respecto do programa, para persoas de todas as idades, inclúe voos acrobáticos, saltos en paracaídas, carreiras de drons, voos en globo aerostático, exhibicións e demostracións de pilotos profesionais. Ademais, durante os cinco días que dura o evento deportivo, organizan exposicións de aeronaves e motos clásicas, así como sorteos de voos de balde.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?