Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Vigo abre web sobre a súa arte na rúa
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Vigo abre web sobre a súa arte na rúa

Redacción
Publicado: 12/07/2017
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

vigo_arte_na_rua_web.jpgO Concello de Vigo vén de pór en marcha unha nova web informativa, ciudaddecolor.vigo.org, sobre a campaña de arte na rúa Vigo, Cidade de Cor, que vai pola súa terceira edición. A páxina foi dada a coñecer polo rexedor, Abel Caballero, e pola tenente de alcalde, Carmela Silva. Segundo puidemos saber, a páxina ten autonomía propia malia estar ligada á dita iniciativa de arte urbana, sendo a faciana visible da mostra pero, tamén, dun xeito de crear e de remodelar as feituras externas das cidades que é en si mesmo unha revolución estética, urbanística e arquitectónica. Na páxina pódese acceder a toda a información do proxecto, en palabras do alcalde “unha mostra do talento de artistas xa consolidados e unha oportunidade de dar a coñecer na cidadanía o traballo de artistas noveis”.
Caballero confirmou que, dado o éxito acadado por esta campaña de embelecemento dos espazos urbanos, esta terá continuidade en futuras edicións marcándose como obxectivo chegar a cifra de 100 obras nos próximos anos.
Estas obras estarán firmadas por diferentes artistas locais e nacionais como: Delio Rodríguez, María Romero, Pinche, Maria Jose Pulido. Teresa Irisarri, Silvia Rodríguez Pena (SAX), Noel Peres Fungueiriño, Elara Elvira e Ana Santiso, Iria Blanco e Pedro Sardiña. Ademais nesta edición haberá dous artistas internacionais convidados: Hazul e Mona Car o que demostra o éxito internacional desta iniciativa.
O alcalde tamén anunciou que todos os murais que se levan feito nas dúas anteriores edicións e os de esta terceira recibirán un tratamento especial para garantir a súa preservación e preservar así un bo estado de conservación “durante alomenos 100 anos”.
Caballero e Silva destacaron tamén que esta nova web, dispoñible en galego, español e inglés, ten como obxectivo dar a coñecer tanto os cidadáns de Vigo como a quen nos visitan toda a información das obras, da súa localización exacta, e os datos das artistas e os artistas que as asinan.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?