Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Baltar amosará na UIMP os proxectos da Deputación de Ourense en eAdministración
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Baltar amosará na UIMP os proxectos da Deputación de Ourense en eAdministración

Redacción
Publicado: 13/07/2017
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

baltar_uimp_ourense.jpgO presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, amosará nun curso de verán da Universidade Internacional Menéndez Pelayo (UIMP) a súa visión dos gobernos provinciais como “cooperadores para o desenvolvemento dos pequenos e medianos municipios”, así como os proxectos da entidade provincial en materia de Administración Electrónica (proxectos de innovación tecnolóxica, transparencia, internacionalización, promoción turística e participación cidadá, desenvolvidos pola Deputación ao abeiro dos plans Ourense 92 e Ourense 15-19). O curso de verán celebrarase entre os días 11 e 13 de setembro en Santander e nel participarán como relatores, amais de Baltar, os presidentes das deputacións Jaén e Barcelona.
O programa da actividade abordará desde unha perspectiva multidisciplinar, xurídica, administrativa, política e financeira a realidade dos gobernos locais intermedios, a súa xestión e os servizos que ofrecen a concellos e cidadáns.
No ámbito político, Manuel Baltar, Mercé Conesa (presidenta da Deputación de Barcelona) e Francisco Reyes (presidente da Deputación de Jaén), analizarán nos seus relatorios o papel dos gobernos provinciais, mentres que as outras perspectivas da xestión administrativa dos gobernos locais intermedios serán abordadas no curso por xuristas, catedráticos, profesores e altos cargos da administración provincial. “Trátase dunha oportunidade para divulgar, debater e seguir avanzando na excelencia da xestión e na mellora dos servizos que ofrecen os gobernos locais intermedios”, afirma Manuel Baltar.
A acción formativa está organizada pola UIMP en colaboración coa Fundación Democracia e Goberno Local, que celebra os seus 15 anos de existencia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?