Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Mar Pereira lembra que a Axenda Dixital 2020 investiu máis de 324 millóns de euros
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Mar Pereira lembra que a Axenda Dixital 2020 investiu máis de 324 millóns de euros

Redacción
Publicado: 13/07/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

mar_pereira_amtega-2.jpgA xornada de estrea do Encontro Red.es que se está a celebrar na Universidade Internacional Menéndez Pelayo (UIMP) no Pazo da Magdalena en Santander, poñendo o foco na cooperación en servizos e a transformación dixital, contou con presenza galega. Máis polo miúdo, a participación da directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), Mar Pereira, quen fixo un repaso polos obxectivos conseguidos e por conseguir da Axenda Dixital de Galicia 2020. Segundo explicou, esta Axenda investiu máis de 324 millóns de euros, 51 deles de capital privado, entre 2015 e 2016 para contribuír ao crecemento económico e á mellora social da Comunidade aplicando as vantaxes da tecnoloxía.
Pereira tamén fixo fincapé na posta en marcha en 2012 da propia axencia AMTEGA como “instrumento estratéxico e executivo para impulsar a modernización da administración pública e o desenvolvemento económico e social de Galicia”. E engadiu: “Desde a Axencia estase a levar a cabo a a segunda estratexia dixital do actual Goberno autonómico, a Axenda Dixital de Galicia 2020 (ADG2020), baixo un modelo de cooperación e participación continua de representantes do sector empresarial, do sector TIC, das institucións públicas e da sociedade civil”.
Amais do devandito, a titular de AMTEGA destacou a importancia do sector sector TIC galego no desenvolvemento da Axenda Dixital (salientando que en 2015 o sector experimentou “o maior incremento en número de empresas dos últimos cinco anos”) e máis as vantaxes da transformación dos servizos públicos. Segundo informou, esta adaptación ao dixital dos servizos das institucións “xa acadou fitos en Galicia, como un importante incremento dos servizos online ou a posta en marcha todas as pezas do expediente xudicial electrónico”.
Respecto á conectividade, sinalou que xa Galicia “ten en marcha un Plan para levar as redes ultrarrápidas a toda a Comunidade”. E engadiu: “As primeiras actuación en marcha están dirixidas a dotas a máis de 80 polígonos industriais de redes de ata 350Mpbs e unha liñas de axudas para que empresas illadas do rural teñan acceso a internet de máis de 30 Mbps”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?