Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O TEK-FEST xuntará memoria e tecnoloxía na súa segunda edición
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Eventos

O TEK-FEST xuntará memoria e tecnoloxía na súa segunda edición

Redacción
Publicado: 13/07/2017
7 Min de Lectura
Compartir
7 Min de Lectura

fotorptek2.jpgA II edición do TEK-FEST será un Encontro de Tecnoloxía e Patrimonio que conectará a memoria da cidade cos tecnoloxías emerxentes a través de distintos obradoiros e actividades que se realizarán en lugares emblemáticos de Pontevedra, do 25 ao 30 de setembro. A concelleira de Promoción da Cidade, Anabel Gulías , xunto co concelleiro de Xuventude e Novas Tecnoloxías, Alberto Oubiña, e o delegado de Cultura da Deputación de Pontevedra, Xosé Leal , acompañados polo director creativo do TEK-FEST, Toño Cabanelas, e a directora de Esdemga, Lola Dopico, avanzou esta mañá as catro liñas de contido para esta edición do encontro e destacaron a integración dos «novos socios» que colaboran este ano no TEK-FEST.
A incorporación de Esdemga á organización do festival é unha das principais novidades deste ano nun TEK-FEST que quere mirar a distintos aspectos do patrimonio da cidade dende a perspectiva tecnolóxica e a artesanía dixital. E para iso proponse «crear sinerxías sumando novos axentes á organización deste encontro, como a Deputación de Pontevedra ou a Universidade de Vigo», subliñou Anabel Gulías. Pola súa parte, Xosé Leal destacou «a procura de novos públicos que buscan iniciativas como o TEK-FEST, coa misión de democratizar a tecnoloxía e facela accesible, ao tempo que se pon en valor un patrimonio moi vivo» como é o de Pontevedra. O concelleiro Alberto Oubiña manifestou a oportunidade que volve supoñer este evento para «situar a Pontevedra no mapa das tecnoloxías emerxentes a través do noso patrimonio, para demostrarlle ao mundo que somos potencia como país».
Lola Dopico insistiu na idea de poñer a colaborar distintas entidades en proxectos coma este e, no que respecta á Universidade, integrar actividades dirixidas ao estudantado pero tamén á comunidade investigadora. Nesta liña o grupo de investigación DX7 vén traballando dende hai un tempo nas conexións entre os procesos artesanais da moda e máis a tecnoloxía, un tema que estará presente no TEK-FEST deste ano a través do taller Calor+Memoria que impartirá Arantza Vilas de Pinaki Studios.
En canto ao concepto que preside este ano o festival, o seu director Toño Cabanelas, explicou que «se na súa primeira edición o lema do festival foi A cidade do futuro este ano o TEK-FEST quere realizar unha viaxe na outra dirección, do futuro ao pasado, que complete e enriqueza a experiencia do 2016, volvendo a mirada á memoria da cidade para seguir situando a Pontevedra na vangarda tecnolóxica».
A continuidade virá dada pola presenza da realidade virtual e aumentada, tecnoloxías que xa estiveron presentes na primeira edición do TEK-FEST, e que volverán protagonizar esta edición, nun momento de madurez no que «xa non se primará a tecnoloxía só, senón que os protagonistas serán os contidos. Queremos que a xente de Pontevedra poida acceder aos mellores contidos internacionais, tanto películas experimentais como contidos relacionados co patrimonio e a moda, e tamén imaxes en 360º producidas o ano pasado no propio TEK-FEST.». Será na Mostra VR que porá este ano en marcha o festival, outra das novidades desta edición.

Catro liñas de actividades

fotorptek.jpgO festival este ano terá así catro liñas fundamentais de actuación. En primeiro lugar, un obradoiro de VR + Patrimonio, impartido por Bermudas Land, ofrecerá aos participantes a posibilidade de reconstruír imaxes antigas da cidade pasándoas a un formato inmersivo en 360º. O segundo obradoiro, coordinado por Esdemga, leva por título Calor+Memoria e achegarase á memoria téxtil da cidade a través dos novos procesos de tratamento de superficies. Será impartido por Arantza Vilas, deseñadora e investigadora galega afincada en Londres, onde creou Pinaki Studios, e que destaca pola súa investigación en novas materias téxtiles. Tamén é coñecida por ter deseñado parte do vestiario da serie Game of Thrones.
Outro dos pratos fortes deste ano será a Homenaxe aos Tekis do século XX, coa que o TEK-FEST quere reivindicar o patrimonio dos inventores galegos. Os protagonistas desta homenaxe serán este ano os irmáns Portela Seijo, de Santiago de Compostela, que foron pioneiros na enxeñaría acústica e audiovisual patentando inventos como o magnetófono de cable de aceiro, que quixo comprar Philips en 1942, ou o Organ Sound , o mítico altofalante feito a base de cilindros e inspirado nos tubos do órgano da Catedral de Santiago. Precisamente o Organ Sound será obxecto durante o TEK-FEST dunha reconstrución a cargo do artesán dixital Miguel Espada, do estudio Espadaysantacruz, que xa o ano pasado participara no TEK-FEST coa instalación Light Kinetics inspirada na ponte do Burgo de Pontevedra.
A reconstrución do Organ Sound permitirá volver á vida a este singular aparello e reconvertelo nun instrumento de música electrónica, un modular synth, co que se fará unha acción sonora e audiovisual no TEK-FEST que servirá de homenaxe pública aos Portela Seijo, coa presenza dos seus herdeiros.
Por último, a mencionada Mostra VR traerá a Pontevedra unha selección internacional dos mellores contidos en realidade virtual, co foco posto nos contidos experimentais e naqueles relacionados coa moda e co patrimonio. Esta mostra está patrocinada por Samsung, que proporciona varios equipos e gafas de VR para que todos os pontevedreses que o desexen poidan acudir a ver en exclusiva estes filmes.
Todas as actividades do TEK-FEST deste ano serán gratuítas, incluídos os obradoiros de VR + Patrimonio e de Memoria téxtil de Pontevedra, que teñen prazas limitadas. Estes obradoiros están dirixidos a estudantes de Belas Artes, Moda e Comunicación Audiovisual, e tamén a profesionais dos ámbitos do deseño, a artesanía, a imaxe e a cultura dixital. Nas próximas semanas faranse públicas as convocatorias para que as persoas interesadas poidan inscribirse nos procesos de selección de participantes. A inscrición poderá facerse a partires da última semana de xullo a través da web do festival.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Eventos

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha xornada centrada na robótica social e as emerxencias

27/11/2026
Eventos

GPUL organiza na Coruña un obradoiro para afondar no uso avanzado de Bash

27/11/2026
Eventos

Últimos días para inscribirse na Semana Europea da Robótica, en Santiago

23/11/2026
Eventos

Culturgal 2026 reunirá os colectivos galegos do sector gamer

20/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?