Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A EE de Telecomunicación forma a 30 estudantes fronte ás ciberameazas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A EE de Telecomunicación forma a 30 estudantes fronte ás ciberameazas

Redacción
Publicado: 14/07/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

uvigo_curso_ciberseguridade.jpgO equipo directivo da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación está a organizar a segunda edición do curso Introdución á ciberseguridade, logo dos éxitos colleitados pola primeira convocatoria, na que participaron 30 estudantes. O obradoiro, de 44 horas de duración, lévase impartindo dende o 1 de xuño e a súa docencia continuará ata o vindeiro 20 de xullo en horario de tarde. Un dos seus obxectivos, en palabras do director da cita Escola, Íñigo Cuiñas, é dar resposta a un interese que non para de medrar: o do profesorado e alumnado acerca das metodoloxías máis acaídas para atallar a problemática da seguridade dixital. Dito doutra maneira: cada ano que pasa medra a cantidade de xente que quere estar preparada fronte a un ciberataque e no curso, precisamente, apréndeselles a estalo.
Nesta edición ocupáronse 29 prazas das 30 ofertadas. O alumnado é principalmente estudante ou graduado nas diferentes titulacións de Enxeñaría de Telecomunicación e de Informática, aínda que tamén hai participantes doutras titulacións, así como profesionais en exercicio con outras orixes en canto a titulación pero con interese nos contidos e nas metodoloxías da ciberseguridade. Como novidades este ano, Cuiñas salienta a incorporación dun módulo de seguridade no software, impartido por un experto de Deloitte.
O obadoiro está sendo impartido por dez profesionais que se dedican á protección TIC en empresas galegas e do resto de España e cada un deles está a desenvolver diferentes aspectos relacionados con este sector.
O primeiro módulo é unha introdución á ciberseguridade, na que se dan a coñecer e entender os principais conceptos e termos empregados neste eido dende o punto de vista da mercadotecnia. O segundo módulo aborda o goberno da seguridade da información, no que hai que destacar a eficiencia por parte dos profesionais dos recursos dispoñibles para reducir os riscos na seguridade para os negocios. Na terceira parte do curso reflexiónase sobre a arquitectura da seguridade e as tecnoloxías que se empregan para a mesma. O seguinte módulo versa sobre os métodos para blindar redes e sistemas. As principais metodoloxías de auditoría técnica, así como o ciclo de desenvolvemento de software e o desenvolvemento seguro de aplicacións, compoñen a seguinte parte do programa.
Posteriormente, abórdase a xestión dos incidentes dentro da xestión dos servizos TIC, entre os que destacan o equipo de resposta ante emerxencias informáticas (CERT), o centro de operacións de seguridade (SOC) e as redes de alerta temperá, ademais dos perfís profesionais que estes requiren. As e os asistentes reflexionan tamén sobre o desenvolvemento seguro de software e sobre os aspectos legais relacionados coa ciberseguridade en España.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?