Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Centro Ramón Piñeiro achega a versión definitiva de CoToVía, o conversor de texto-voz
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Centro Ramón Piñeiro achega a versión definitiva de CoToVía, o conversor de texto-voz

Redacción
Publicado: 14/07/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

20170714_presentacionversiondefinitivacotoviaramonpineiro2.jpgO Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH) presentou hoxe a versión definitiva do sintetizador de voz CoToVía. Segundo fixo saber o director científico do centro, Manuel González, trátase da versión definitiva dun sistema que fai posible a conversión automática texto-voz para a lingua galega. Ou sexa, que é quen de transformar en cadea oral as palabras escritas. CoToVía, engadiu González, será fundamental para automatizar as comunicacións da información e as relacións sociais. Estivo acompañado no acto de presentación polo secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, quen explicou que o CRPIH foi “pioneiro en desenvolver proxectos de tecnoloxía lingüística en galego coma o CoToVía”.
CoToVía é un proxecto interdisciplinar do CRPIH no que traballou un equipo integrado por enxeñeiros superiores de Telecomunicacións da Universidade de Vigo (baixo dirección de Eduardo Rodríguez Banga) e de lingüistas da Universidade de Santiago de Compostela (baixo a dirección de Manuel González González). O seu obxectivo foi “construír un sistema de conversión automática texto-voz para a lingua galega”. Segundo lembraron no acto, ao longo dos últimos anos foron presentándose distintas versións ata chegar “a esta definitiva”, a dada a coñecer hoxe, “construída con unidades pregravadas extraídas da lingua natural”.
Que é un sintetizador de voz?
González e García explicaron que os sintetizadores de voz serven para garantir a accesibilidade web a persoas con discapacidades visuais, pero son tamén fundamentais en todas as linguas no mundo da automatización das comunicacións, da información e das relacións sociais: en postos de información automatizados (servizos de banca, reservas de billetes, lectura de mensaxes por vía telefónica…), no ensino de idiomas, no ensino de lectura a nenos con dislexia, nas alarmas orais, na verificación de texto etc.
A versión definitiva de CoToVía púxose ao libre dispor de toda a comunidade como Creative Commons, cunha licenza GPL 3.0+, de maneira que pode ser utilizada libremente por calquera empresa ou usuario, coa única condición do recoñecemento de que os seus autores son o CRPIH e a Universidade de Vigo. O enderezo para a descarga é ftp.net-snmp.org.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?