Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Narón entrega os diplomas dos seus cursos TIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Narón entrega os diplomas dos seus cursos TIC

Redacción
Publicado: 18/07/2017
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

naron_diplomas-2.jpgO alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e a edil de Formación, Novas Tecnoloxías e Mocidade, Natalia Hermida, entregaron o pasado venres, no consistorio, os diplomas correspondentes a media ducia de accións formativas das devanditas áreas. Estas convocatorias, impulsadas desde o Concello, dirixíronse a achegar coñecementos e habilidades a un total de noventa persoas. O alcalde e a edil naronesa felicitaron ás persoas que recibiron os seus diplomas por rematar con éxito cadansúas accións formativas. No que atinxe á área de Novas Tecnoloxías, concedéronse os diplomas ás persoas que remataron os cursos de Marketing dixital: promoción comercial a través das redes Sociais, Trámites en liña e administración electrónica e A utilidade das TIC.
Cada un dos devanditos obradoiros TIC achegou coñecementos a un total de doce persoas, impartíndose na Aula CeMIT de Xuvia, entre os meses de abril e xuño deste ano.
Así mesmo, entregáronse na área de Formación os diplomas de dúas convocatorias dunha acción formativa sobre Certificacións UNE Carretilleiro + PEMP (para doce persoas en cada quenda), ambas desenvolvidas en maio e xuño, e de Preparación Competencias Clave Nivel 2 (unha edición para quince alumnas e alumnos), que se desenvolveu entre abril e maio.
Por último, procedeuse a dar os diplomas dunha acción formativa da área de Mocidade, sobre Xestión de vendas e atención ao público, con quince prazas e impartido entre maio e xuño deste ano.
Natalia Hermida salientou a importancia de ofrecer desde o Concello formación en todos os ámbitos, “facendo especial incidencia naqueles sectores que poden ter maiores posibilidades de inserción laboral” e indicou tamén que se convocan ao longo do ano obradoiros dirixidos a persoas de diferentes idades e, na maior parte dos casos, “dándolle prioridade á participación nos mesmos de persoas desempregadas”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?