Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: R axudará a proxectos emprendedores galegos achegándolles os seus servizos de balde
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

R axudará a proxectos emprendedores galegos achegándolles os seus servizos de balde

Redacción
Publicado: 19/07/2017
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

startupsr_img_4027.jpgEsta mañá presentouse na cidade da Coruña o director xeral de R, Alfredo Ramos e o conselleiro de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, Francisco Conde, presentaron o programa Startups R que conecta a tecnoloxía e a capacidade innovadora de R con startups, aceleradoras, clientes e sectores produtivos para promover a innovación e o emprendemento en Galicia. Ese novo programa vai dirixido a emprendedores tecnolóxicos e a emprendedores non tecnolóxicos pero si innovadores que teñan un proxecto de alcance global.

Contidos
  • Até un cento de empresas
  • Con apoio das aceleradoras
  • Na procura dun ecosistema emprendedor

Até un cento de empresas

startupsr_img_4082.jpgAs áreas estratéxicas nas que R valorará o potencial de cada iniciativa son a Internet das Cosas, a intelixencia artificial, as redes Wi-Fi e 5G, a ciberseguridade, a Industria 4.0 e os novos contidos.
O director xeral de R, Alfredo Ramos, asegurou que «a intención, nesta primeira edición do programa de Startups R, é chegar a ata 100 empresas que traballen nas áreas clave. A todas elas R ofrécelles apoio con servizos, equipamento e formación sen contrapartidas, para que poidan desenvolver os seus proxectos tecnolóxicos con máis desafogo».
startupsr_img_4038.jpgDeste xeito, R apoiará desinteresadamente ás empresas emprendedoras seleccionadas brindándolles servizos de telecomunicacións de balde e servizos avanzados de datacenter (Internet 350 Mbps, 3 liñas fixas, 3 liñas de móbil 4 GB, web + dominio + caixas de correo e ata 3 servidores virtuais con conexión simétrica e almacén SAM flexible 200 GB), equipamento para desenvolver, formación e obradoiros de traballo, networking e visibilidade, publicidade conxunta e tamén patrocinada, ou mesmo estudos de merca de produtos e servizos por parte de R.
Ademais, as startups poderán optar a un estudo tecnolóxico ou de mercado do seu produto asociado á rede de R ou á súa capacidade de comercialización, traballando coas áreas técnicas ou de marketing para adaptar a súa proposta e recibir orientación.
Estes servizos do programa, que comezará deseguido, serán gratuítos ao cen por cento durante un ano e renovables ata dous anos tamén de balde.

Con apoio das aceleradoras

startupsr_img_4044.jpgO programa Startups R apoia as iniciativas que teñan recibido aprobación por parte das aceleradoras implicadas, entre elas, ABANCA Innova, BFA, Conector Galicia, Incuvi Emprende, ViaGalicia e Zarpamos (presentes no acto celebrado esta mañá na sede central de R), e nel poden entrar os proxectos incluídos nos últimos 3 anos neses programas de apoio (preto dun total de 70 no caso das devanditas aceleradoras).
Jorge Gómara, de BFA, asegurou que, «esta iniciativa de R resultará de grande apoio aos proxectos participantes no Business Factory Auto, grazas á achega deses servizos de telecomunicacións, equipamento, formación, networking e publicidade… Unha maneira interesantísima de complementar os nosos servizos e de potenciar o emprendemento e a innovación en Galicia».

Na procura dun ecosistema emprendedor

startupsr_img_4091.jpgO conselleiro de Economía, Francisco Conde, subliñou «a importancia de crear en Galicia un ecosistema emprendedor liderado pola innovación e o talento, un eido no que está a xogar un papel fundamental a Rede Galega de Aceleradoras impulsada pola Xunta, que permitiu o desenvolvemento, nos catro últimos anos, de 500 proxectos que supuxeron a mobilización de 14 millóns de euros». Do mesmo xeito, apuntou «a necesidade de avanzar na modernización do tecido produtivo a través da transformación dixital, buscando a implicación, tanto das empresas do sector tecnolóxico, como do conxunto da industria».

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?