Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación da Coruña axuda ás novas empresas a equipárense tecnoloxicamente
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación da Coruña axuda ás novas empresas a equipárense tecnoloxicamente

Redacción
Publicado: 20/07/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

inspired-2015-10-laptop-computer-work-at-home-coffee-stocksy-main.jpgA Deputación da Coruña convocou axudas para, entre outras cousas, renovarmos ou adquirirmos equipamento informático na nosa nova empresa. A iniciativa materialízase a través da liña de subvencións PEL-Emprende, que destina 1.126.388 euros a impulsar 194 empresas de mozos e mozas da provincia. Con estas achegas, sinala a entidade provincial, quérese apoiar ás/aos emprendedoras/es de entre 25 e 35 anos, empadroados nos concellos da provincia, na posta en marcha da súa idea de negocio ou no afianzamento da mesma. As axudas destínanse ao investimento en “bens inventariables novos” e “necesarios para a actividade empresarial”. Isto abrangue, de xeito natural, os equipos e as aplicacións informáticas precisas para o bo funcionamento das empresas. As axudas cobren adquisicións de ata 40.000 euros, dos cales o 50% (20.000 euros) é subvencionado pola Deputación.
O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, sinalou que esta liña do Plan de emprego local (PEL) “contribuirá a consolidar o tecido emprendedor da provincia con novos proxectos que empezan de xeito moi modesto, pero que nuns anos poden chegar a consolidarse e ser referencia no seu sector”.
Estas axudas complementan as xa concedidas a través da liña PEL-PEME, mediante as cales a Deputación da Coruña financia a contratación de 224 persoas noutras tantas empresas da provincia.
Para a valoración das solicitudes á liña de subvencións do PEL-Emprende, a Deputación tivo en conta, entre outros aspectos, o carácter innovador da empresa, o número de traballadores e o seu sector profesional. Déuselles maior puntuación ás iniciativas empresariais relacionadas co ámbito do medio ambiente, as enerxías renovables e as empresas de base tecnolóxica; así como aquelas que aplican medidas de responsabilidade social empresarial, como conciliación da vida laboral e familiar dos traballadores, fomento da igualdade de xénero ou inserción laboral de persoas con discapacidade.
Entre os concellos con maior número de solicitudes presentadas e admitidas destacan A Coruña (34), Santiago (22), Santa Comba (10), Narón (7), Arteixo(6), Culleredo (6), Ferrol (6), Vimianzo (5) e Ribeira (5).
A comarca da Coruña e As Mariñas é a que máis axudas concentra, un total de 69, que suman 348.449 euros. Doutra banda, a Deputación achega a 63 empresas da comarca de Santiago un total de 387.669 euros.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?