Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os novos emprendedores de Inicia Coworking Lugo participan nunha camiñada pola cidade
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os novos emprendedores de Inicia Coworking Lugo participan nunha camiñada pola cidade

Redacción
Publicado: 20/07/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

inicia_coworking_lugo_rio_rato.jpgEste mércores, os 22 participantes da segunda fase de Inicia Coworking (plan de apoio de balde ao emprendemento innovador impulsado polo Concello de Lugo e a Escola de Organización Industrial, EOI) participaron nunha andaina de irmandade pola cidade, máis polo miúdo polo paseo da beira do río Rato. No paseo-xuntanza tamén concorreu a concelleira de Economía e Emprego, Ana Prieto. Segundo fixo saber, foi unha actividade de motivación para fomentar “o espírito colaborativo e o traballo en equipo entre os emprendedores e emprendedoras e aproveitar sinerxias para mellorar as posibilidades de éxito”.
Tamén dixo que este tipo de xornadas e actividades complementarias de lecer foi “unha das cuestións que os participantes pediron reforzar nesta segunda edición do Inicia Coworking”, e ás que xa está a dar resposta o equipo coordinador, formado por traballadores municipais e da EOI.
Como lembraremos, nesta nova etapa do programa están a participar 20 emprendedores, que recibirán durante cinco meses de xeito gratuíto apoio integral, individual e personalizado aos emprendedores e emprendedoras de Lugo para poñer en marcha con éxito a súa empresa, asegurando así a súa viabilidade tanto técnica como económica.
Recentemente o Concello informou da importancia tecnolóxica e innovadora, da calidade e das posibilidades de futuro das dúas ducias de start-ups con presenza na primeira fase do programa (con sede de operacións no CEI Nodus), novas firmas na súa meirande ligadas ás novas tecnoloxías da información e ao turismo.
O Concello tamén fixo saber da posta en marcha da segunda convocatoria do Inicia Coworking e da apertura, o vindeiro ano, de dúas edicións máis, coas que se ofrecerá apoio a outros 40 emprendedores. “Queremos reter en Lugo o talento dos lucenses, que é moito, como fica demostrado con esta iniciativa”, dixo daquela a alcaldesa Lara Méndez, engadindo que nos últimos orzamentos o Concello destinou 5 millóns de euros a iniciativas vinculadas co fomento do emprego.
Colaboración coa EOI
O Concello desenvolve o plan Inicia Coworking en colaboración coa Escola de Organización Industrial (EOI), dependente do Ministerio de Industria. Cun orzamento de 800.000 euros, fornecerase entre este ano e o 2018 de xeito gratuíto a máis de 260 lucenses un apoio integral, individual e personalizado, para poñer en marcha con éxito a súa empresa, asegurando a súa viabilidade tanto técnica como financeira.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?