Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Informe Ardán constata avances no investimento TIC na nosa terra
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Informe Ardán constata avances no investimento TIC na nosa terra

Redacción
Publicado: 24/07/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

informe_ardan_presentacion-2.jpgA semana pasada presentouse o Informe Ardán 2017, para un bo número de especialistas en economía o máis referencial diagnóstico sobre o estado de saúde do noso tecido empresarial. Como vén sendo habitual, o informe inclúe entre as súas páxinas (que podemos consultar íntegras na web www.ardan.es) unha investigación monográfica sobre O sector das tecnoloxías en Galicia, realizado pola asociación empresarial Ineo. Neste repaso polo tecido TIC da nosa terra revélase entre outras cousas que en Galicia as empresas do sector facturaron 1.400 millóns de euros en 2016, o que supuxo un 2,5% do PIB galego.
O Informe Ardán 2017 foi dado a coñecer o venres 21 pola delegada do Consorcio da Zona Franca de Vigo, Teresa Pedrosa. Unha das principais conclusións xenéricas do mesmo foi a constatación de “melloras notables na maioría dos parámetros económicos das empresas galegas”.
Na presentación tamén participaron os profesores Santiago Lago e Albino Prada, autores dos capítulos 1 e 10, respectivamente, sobre a situación competitiva e o desenvolvemento de Galicia. Lago salientou que o ano 2016 foi “moi positivo” xa que “en Galicia prolongouse a fase de recuperación tras a gran recesión e superouse de novo a barreira de crecemento do 3% do Produto Interior Bruto”. Tamén expuxo que se deron “avances e recuperacións, máis ou menos intensas”, en factores críticos para a competitividade e o desenvolvemento, como as infraestruturas, as expectativas empresariais, a creación de empresas, o investimento en novas Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) e a internacionalización das empresas galegas”. Porén, fixo mención tamén dos importantes déficits e eivas galegas no eido da Investigación, o Desenvolvemento e a Innovación, ou do “escaso atractivo da economía galega para os investimentos estranxeiros”.
Polo que atinxe á exposición de Teresa Pedrosa, debullou os principais indicadores que se reflicten no informe, baseado nas contas anuais de 18.235 empresas con domicilio social en Galicia. Segundo fixo saber, a facturación total das empresas galegas roldou en 2015 os 75.000 millóns de euros cando. Ademais, dixo, “estas mesmas empresas en 2014 facturaron 69.000 millóns de euros, o que supón un incremento do 8% nos ingresos de explotación”
Para que non o saiba, o Informe Ardán que analiza a actividade empresarial e o desenvolvemento económico da nosa terra realízao desde fai máis de vinte anos o departamento de Servizos Avanzados do Consorcio da Zona Franca de Vigo e actualmente nel colaboran estreitamente diversas axencias da Xunta de Galicia e grupos de investigación de Universidade de Vigo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?