Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A CEC e ABANCA impulsarán a dixitalización das empresas na provincia da Coruña
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A CEC e ABANCA impulsarán a dixitalización das empresas na provincia da Coruña

Redacción
Publicado: 26/07/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

cec_e_abanca_acordo_coruna.jpgA Confederación de Empresarios da Coruña (CEC) e ABANCA asinaron hoxe un convenio de colaboración para potenciar na provincia a creación de empresas innovadora e de emprego botando man dos recursos máis avanzados que nos brindan as novas tecnoloxías da información. A idea é botar man das TIC en toda a cadea de valor: dende o xermolo da formación ata abranguer, tamén, o propio miolo da actividade das empresas. No acto de rúbrica participaron o presidente da CEC, Antonio Fontenla, e o director de Banca Institucional de ABANCA, Santiago Novoa.
Segundo fixeron saber, o acordo abrangue un ano de duración e, en termos concretos, fai oficial o compromiso conxunto das dúas entidades “a prol de colaborar no pulo a aqueles proxectos que forman parte dos seus compromisos sociais”, como son o apoio a emprendedores, as empresas xa constituídas (dixitalizándoas) e as persoas desempregadas na mellora da súa empregabilidade.
O convenio, sinalaron, permitirá desenvolver un plan de actividades dirixidas a emprendedores e empresarios da CEC, incluíndo un bloque de xornadas técnicas adicadas a promover a empresa 4.0. “O obxecto destas xornadas”, explicou Fontenla, “será potenciar o coñecemento e desenvolvemento de competencias 4.0, comunicando ás empresas os seus beneficios e as posibilidades que estas ofrecen”. Ademais, fomentarase a colaboración das distintas áreas de empresas co uso de contornas e plataformas colaborativas; impulsarase a transformación dixital; porase ao alcance dos asistentes conceptos e casos aplicados de empresas no desenvolvemento da industria 4.0 e intercambiaranse experiencias e debater sobre a realidade das empresas participantes e os sectores nos que operan.
Ademais, realizaranse actividades formativas e informativas para fornecer aos emprendedores e empresas “dos coñecementos precisos para afrontar o desafío que supoñen o desenvolvemento de software e sistemas de análises que converten o diluvio de datos, producidos pola dixitalización, en información útil e valiosa, así como o cambio de ferramentas analóxicas a dixitais”.
A idea, a través de accións formativas específicas, é achegar aos emprendedores e ás empresas a aprendizaxe desde a xestión documental ata o vídeo dixital, pasando pola plataforma de formación en liña e a promoción dixital das empresas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?