Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Dispárase a cifra de peregrinos que empregan os recursos TIC de Smart Camiño
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Dispárase a cifra de peregrinos que empregan os recursos TIC de Smart Camiño

Redacción
Publicado: 26/07/2017
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

smart_camino.jpgOs días pasados as entidades responsables de Smart Camiño (a axencia AMTEGA e Turismo de Galicia) fixeron un balance das actividades que se están a desenvolver ao abeiro do devandito plan, como lembraremos unha batería de iniciativas destinadas a fomentar o impulso de Galicia como destino xacobeo a través das máis avanzadas ferramentas TIC. Segundo explicaron, as accións do plan están “a consolidar o seu interese entre os peregrinos”. Deste xeito, no primeiro semestre de ano, constatouse un medre no emprego das distintas opcións dispoñibles (web, aplicación móbil e conexión Wi-Fi nos albergues da rede pública).
No caso da páxina web do Camiño de Santiago, www.caminodesantiago.gal (na que se recollen todos os aspectos precisos para descubrir, preparar e planificar a ruta xacobea), a curva de crecemento mantívose constante desde principios de 2017, con preto de 110.000 sesións e ao redor de 80.000 usuarios, cunha taxa de internautas fixos moi próxima ao 30%. No que atinxe ao uso que os internautas fan da páxina, AMTEGA e Turismo de Galicia salientan a duración media da sesión de visita (“moi elevada, con máis de seis minutos por persoa”) e máis o baixo índice acadado na porcentaxe de rebote, o que significa, nas súas palabras, “que os visitantes non abandonan decepcionados o portal pouco despois de entrar; máis ben ao contrario, a maioría deles visitan máis dunha páxina”.
En canto a aplicación móbil do Camiño de Santiago (de balde e apta para as plataformas iOS e Android), tamén tivo “un papel destacado”, sinalaron as entidades responsables da súa posta en marcha, que salientan que está dispoñible en tres linguas (galego, castelán e inglés) e que xa suma máis de 6.000 descargas nos primeiros seis meses do ano, confirmándose como “unha das máis demandadas das aplicacións de Turismo de Galicia”. A ferramenta, como lembraremos, contén o trazado, a descrición, fotografías e información útil dos diferentes itinerarios xacobeos, dos albergues, dos recursos turísticos e dos distintos eventos. Polo tanto, o peregrino pode consultar nela cousas como os horarios, a localización ou os teléfonos en cada tramo, amais de ter acceso ás condicións meteorolóxicas e aos enderezos e contactos dos centros de saúde e emerxencias.
Polo que atinxe á dotación de conexión Wi-Fi na rede de albergues, en xaneiro conectáronse a ela máis de 3.500 usuarios e no pasado mes de xuño, coa chegada do verán, a cifra subiu ata máis de 18.500. En total, neste tempo, foron preto de 60.000 peregrinos aloxados os que se conectaron a ela.
Como recordaremos, Smart Camiño é unha das iniciativas enmarcada no Plan director do Camiño de Santiago, cuxa folla de ruta está a desenvolver numerosas melloras. Do seu orzamento de máis de 60 millóns de euros, xa foi executado ao redor do 60%. Os seus obxectivos, coa vista posta no próximo Xacobeo 2021, están aliñados coa Estratexia do turismo de Galicia 2020.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?