Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O servizo de mensaxería do 010 de Lugo xa ten 3.350 inscritos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O servizo de mensaxería do 010 de Lugo xa ten 3.350 inscritos

Redacción
Publicado: 26/07/2017
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

lugo_010_servizo.jpgO Concello de Lugo vén de facer reconto da actividade do seu Servizo de Información 010, logo de 12 anos de funcionamento. O balance, en liñas xerais, é o seguinte: logo dunha ducia de anos, contabilizáronse un millón de consultas atendidas. Polo que respecta a 2017, máis de 35.200 persoas (6.200 máis có ano pasado) contactaron no primeiro semestre do ano con este servizo, que recibe unha media de 5.200 chamadas mensuais, unhas 6.200 máis que o mesmo período do pasado ano. No que atinxe ao que nos ocupa, a vertente TIC, o número de cidadáns inscritos no servizo de mensaxería gratuíta a través do correo electrónico é de 3.350, e no de mensaxes ao móbil, 2.100. En canto ás redes sociais, o 010 conta con 2.700 seareiros.
De xaneiro a xuño, xestionáronse arredor de 2.700 correos electrónicos, un 16% máis de peticións ca no primeiro semestre do pasado ano.
Segundo engadiu o Concello sobre a actividade xerada ao longo dano arredor destes servizos, sen dúbida foi o mes de xuño un dos meses de meirande volume de chamada.
O servizo, entre outras funcións, serve para dar e recibir avisos das distintas incidencias no funcionamento de servizos públicos, como atoamentos nas redes de sumidoiros ou avarías no subministro da auga, así como para demandar información municipal ou información de actividades realizadas por entidades colaboradoras do Concello. Salientan ademais chamadas relacionadas coa xestión e trámites como as inscricións para actividades, por exemplo.
Como dixemos, o 010 complementa a comunicación tradicional con información por outros medios, como as redes sociais ou mensaxería. Neste senso, o número de persoas inscritas no servizo de mensaxería de balde a través do correo electrónico é de 3.350, 100 persoas máis con respecto ao 2016, e no de mensaxes de texto ao móbil, 2.100 persoas inscritas. En canto ás redes sociais, o 010 está presente en Facebook, Twitter e YouTube.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?