Nos últimos anos demos conta dos distintos recoñecementos que ía atesourando Domesting, proxecto de orixe galega que incluso participou no programa de aceleración ViaGalicia (iniciativa que estes días abre a súa quinta convocatoria), e agora que esta plataforma de reservas en liña e móbil para buscar, comparar e contratar empresas de limpeza camiña cara a consolidación buscando un enfoque diferente ao dos seus competidores, de xeito que en vez de recoller a profesionais nun mercado alternativo apostan por facilitar a conexión do usuario sen tempo coa empresa de limpeza que mellor se axusta ás súas necesidades, podendo comprobar non só prezos, senón tamén a valoración doutros clientes.
En menos dun minuto o usuario pode reservar calquera tipo de limpeza (doméstica, oficinas, comunidades, locais comerciais, garaxes, colexios e industrial) para quedar logo en comunicación coa empresa para os servizos contratados a través da plataforma. Deste xeito o usuario poderá estar ao tanto dos servizos e facturas mentres dispón dunha comunicación en tempo real coa empresa a través dunha ferramenta de xestión para tal fin.
Domesting oferta actualmente máis de 1.000 empresas de limpeza repartidas por toda a xeografía española, presentándose como un servizo de busca cómodo, seguro, económico, rápido, personalizado e variado que busca transformar o sector da limpeza.
Domesting.com consolídase como buscador de empresas de limpeza
Compartir Este Artigo
