Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Arnoia achegará dinamización TIC para maiores dende unha nova aula
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Arnoia achegará dinamización TIC para maiores dende unha nova aula

Redacción
Publicado: 28/07/2017
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

tic_tecnoloxias_terceira_idade-2.jpgO Concello de Arnoia (Ourense) quere apostar polo envellecemento saudable. Ou sexa, por todos aqueles hábitos que axuden a ter unha vida mellor pasada “certa idade”, hábitos que adoitan abranguer o emprego das novas tecnoloxías: móbiles, tabletas, Internet, servizos de mensaxería, fotografía dixital, redes sociais, etc. Para impulsar esta vertente o Concello mercou a antiga sede da Cooperativa de Salvador, pechada na actualidade e nos seus días adicada á produción de pemento. O edificio será convertido nun Centro para o envellecemento activo e saudable das persoas maiores. O proxecto busca dar servizo a unha poboación (a dos maiores) que no caso de concellos coma o de Arnoia, representa arredor da metade dos veciños.
Contará con salas de lecer e xuntas, servizo de fisioterapia e, por suposto, unha aula de informática e novas tecnoloxías. Tamén haberá un espazo para o desenvolvemento de obradoiros de memoria e fortalecemento cognitivo, entre outras dependencias. Segundo o Concello, trátase non só de achegar formación e servizos de envellecemento activo, senón tamén de “fomentar a convivencia entre os usuarios”. As melloras precisas para o acondicionamento do edificio e o equipamento de mobiliario serán obxecto dunha convocatoria de concurso público por parte do Concello, cun orzamento global de 217.000 euros. A previsión é que os traballos estean rematados a comezos de 2018. Segundo engadiu o Concello, o edificio contará cun axente de desenvolvemento, con traballadores de mantemento municipais e, tamén, cun equipo de especialistas nos ámbitos nos que se quere dar servizo e cobertura: fisioterapia, informática e obradoiros de memoria.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?